Blogue de primeiro do CEIP de Vite en Santiago de Compostela
Páginas
▼
21 mar 2019
PAÍSES DO MUNDO
Dende a área de Valores Sociais e Cívicos estivemos
elaborando un mural sobre os países dende os que viñeron algúns dos nosos compañeiros/as:
os de 1º A fixemos un de Venezuela e os de 1º B fixeron de China, Argelia e
Venezuela.
Buscamos información que nos pareceu interesante de cada
país e logo elaboramos un mural que explicamos ao resto da clase. Tamén
aproveitamos para que os protagonistas nos falaran do seu país. Coñecemos
moitas curiosidades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario