25 may 2019

SAÍDA FINAL CURSO 2018/19 A NATURMAZ (MAZARICOS)

O pasado mércores, 22 de maio, o alumnado de 1º e 2º celebramos a nosa saída final do curso académico 2018/19.

Visitamos o Parque de Aventura Naturmaz, en Mazaricos. Realizamos as seguintes actividades: escalada, tiro con arco, busca do tesouso e naturxincana.

Pasámolo en grande!

Aquí vos deixamos un vídeo, que resume o que vivimos ese día tan divertido e especial.


20 may 2019

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Na última semana, celebrouse no colexio a Semana das Letras Galegas.

Este ano, o homenaxeado é Antón Fraguas, un gran defensor de Galicia e da lingua e cultura galegas.

Fraguas definía a Galicia como unha terra de lendas, ditos e costumes relacionadas co pasado. Por iso, dende o centro, decidimos elaborar un dossier no que recopilamos distintas lendas.

A continuación, deixámosvos as realizadas polo alumnado de 1º e 2º.



















17 may 2019

MINIOLIMPÍADAS

Onte no colexio estivemos de celebración. Tiveron lugar as miniolimpíadas!!
Foron organizadas pola AMPA e participamos en distintas disciplinas como saltos, carreiras curtas ou lanzamentos.

Ademais de facer deporte pasámolo xenial e ata levamos medallas!!











SAÍDA AO CGAC


O pasado martes, o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria asistimos ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para desfrutar dun espectáculo de cine mudo de principios do século XX, acompañado da banda sonora orixinal en directo.




HORTO ESCOLAR

Por fin chegou o horto escolar ao CEIP de Vite I!

Todo o colexio estamos a colaborar e o alumnado de 1º e 2º non ía ser menos. Por suposto, tamén plantamos na nosa parcela.

Agora toca coidalo, mentres agardamos resultados.













14 may 2019

ANIVERSARIO DE AMINA

Seguimos de celebración en 1º! Desta vez, tocou festexar o aniversario da nosa compañeira Amina.

Agardamos que desfrutaras da celebración e que cumpras moitos máis.



9 may 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado 2 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar.

En primeiro lugar, visionamos na aula a película "Wonder". Nela vimos como August, un neno de 10 anos cunha deformidade facial, que sempre foi educado na casa, comeza por fin a ir á escola. O comezo non é doado, pero finalmente o protagonista consigue adaptarse. 

Unha das frases que máis nos gustou da película é a seguinte: "Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naceches para destacar". Partindo dela, coa axuda dunha aplicación, decidimos sacar unha fotografía que nos permitise poñernos no lugar de August. A continuación, mediante unha asamblea, fomos identificando en qué destaca cada neno/a, para completar a cartolina na que pegamos a fotografía de cada un/unha.
Por último, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa contra calquera tipo de acoso escolar ou ciberbullying.




 



8 may 2019

SEMANA DO LIBRO 1º E 2º


Durante este curso os alumnos e alumnas de 1º lemos “El turbante rojo” e os de 2º “La lista de cumpleaños”. Estes dous libros fixéronnos reflexionar sobre temas como as clases sociais ou a insatisfacción que a veces temos aínda recibindo moitos agasallos.
Con motivo da semana do libro cada curso elaborou un mural coa frase que máis lle gustou do mesmo e unha reflexión.

Ademáis fixemos un apadriñamento lector cos nenos e nenas de 6º que nos leron distintos contos. Queremos darlles as grazas xa que foi moi divertido compartir estas lecturas con eles/as.






                                       

6 may 2019

ANIVERSARIO DE GAEL

Hoxe, en 1º, celebramos o aniversario do noso compañeiro Gael.

Agardamos que o pasaras xenial. Moitas grazas polo riquísimo agasallo!



4 may 2019

OS SERES VIVOS

A continuación amosámosvos o traballo de Ciencias da Natureza realizado polos alumnos/as de 1º sobre os seres vivos: varios murais de clasificación dos seres vivos, o xogo "Quen é quen?: animais", unha investigación sobre un animal e unha planta para despois facer unha exposición ao resto de compañeiros/as, un dossier para recopilar os traballos anteriores, e repoboar os xardíns verticais do patio.

Agardamos que desfrutedes vendo o seguinte vídeo-resumo, tanto coma nós traballando sobre o tema!




2 may 2019

Aniversario de Jimena

Hoxe estivo de aniversario a nosa compañeira Jimena que cumpriu 8 anos.


Comemos biscoito e cantámoslle o aniversario feliz. Agardamos que teñas un bo día!