Lugares que nos gustan
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas
17 dic 2014
VAIA CARA!
Estas son as expresións que conseguimos facer coa nos a cara na clase de Ed. Física. Claro que tivemos axuda do Photo Booth.
30 mar 2014
XOGANDO COAS CARRILANAS
O venres aproveitamos o bo tempo e fixemos á clase de Educación Física ao aire libre. Practicamos xogos tradicionais (a pilla conxelada, a chave e as carrilanas). A diversión foi máxima como podedes comprobar na seguinte presentación.
11 nov 2013
PRACTICAMOS CO PEÓN
Estes días andamos a voltas co peón; non hai máis que mirarlles á cara para percibir a súa emoción cando o peón comeza a bailar.
11 jun 2013
XOGOS MUSICAIS NA CLASE DE ED. FÍSICA
"A mal tempo boa cara", así di o refrán. Hoxe decidimos alegrarnos poñendo un pouco de música e disfrutamos cos xogos musicais que tanto lles gustan. Na gravación só aparecen os de 2º porque durante a sesión de clase de 1º non tiña a cámara para poder gravar, pero teño que dicir que tamén o fixeron moi, pero que moi ben.
25 ene 2013
OS DE SEGUNDO TAMÉN BAILAN
Ola! Son Carmela, a profe de Ed. Física. Onte púxenvos o vídeo do alumnado de 1º na clase de Ed. Física e hoxe tócalle aos de 2º pero teño que contarvos un segredo: xa é a segunda vez que o gravamos é por algún motivo desconéctase a cámara pola metade así que só consigo unha parte do baile. De todos os xeitos vouno poñer e xa haberá outras ocasións máis adiante.
Con todos vostedes: O SEÑOR DA SERRA; intérpretes: alumnado de 2º de Primaria
Con todos vostedes: O SEÑOR DA SERRA; intérpretes: alumnado de 2º de Primaria
24 ene 2013
XOGANDO CON MÚSICA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estes días hai moito ritmo no pavillón. Aínda que practicamos moitas danzas e xogos con música, gravei ao alumnado de 1º facendo este que se titula O XOGO DA CARRASQUIÑA. Son tan espabilados/as que á segunda vez xa foron capaces de facelo sen a profe Carmela e así puiden gravalos millor.
Parabéns para eles e elas!
Parabéns para eles e elas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)