Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

25 may 2019

SAÍDA FINAL CURSO 2018/19 A NATURMAZ (MAZARICOS)

O pasado mércores, 22 de maio, o alumnado de 1º e 2º celebramos a nosa saída final do curso académico 2018/19.

Visitamos o Parque de Aventura Naturmaz, en Mazaricos. Realizamos as seguintes actividades: escalada, tiro con arco, busca do tesouso e naturxincana.

Pasámolo en grande!

Aquí vos deixamos un vídeo, que resume o que vivimos ese día tan divertido e especial.


17 may 2019

SAÍDA AO CGAC


O pasado martes, o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria asistimos ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para desfrutar dun espectáculo de cine mudo de principios do século XX, acompañado da banda sonora orixinal en directo.




29 mar 2019

SAÍDA AO CENTRO ABANCA

O pasado martes os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistimos aos contacontos organizados no centro Abanca pola XIX Campaña municipal de animación á lectura.

Gustáronnos moito os contacontos e a exposición!



















15 mar 2019

SAÍDA AUDITORIO "A BELA DURMINTE"

Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º asistimos ao Auditorio de Galicia para escoitar o conto "A bela durminte", narrado coa colaboración da Banda Municipal de Música de Santiago e organizado polo Festival Atlántica.

Pasámolo moi ben!






8 feb 2019

VISITA EXPOSICIÓN "CADROS POLA PAZ" DO ALUMNADO DE INFANTIL

Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria visitamos a exposición de arte "Cadros pola Paz", na que admiramos varias pezas realizadas polos nosos compañeiros/as de educación infantil do CEIP de Vite I.

A exposición está no Centro Sociocultural de Vite José Saramago ata o 15 de febreiro. Animádevos a visitala porque paga a pena.

Noraboa compañeiros/as; sodes uns verdadeiros artistas!






25 dic 2018

SAÍDAS DIDÁCTICAS DECEMBRO: AUDITORIO E CORREOS

Nos últimos días do mes de decembro, o alumnado de 1º fixemos dúas saídas didácticas á contorna.

En primeiro lugar e despois de participar nun obradoiro previo celebrado no centro, asistimos ao Auditorio de Galicia para ver o espectáculo "Son, música e acción".

Durante outra xornada, visitamos tamén a oficina de Correos da Rúa do Franco, onde enviamos ás nosas familias unha postal de Nadal que elaboramos previamente na aula.

Pasámolo xenial!



12 jun 2016

EXCURSIÓN A POBO AVENTURA 10-06-16


Acaba o cole e os nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º de Primaria fómonos de excursión !!!!!


Ola familias!!!
Mirade unha pequena mostra do ben que o pasamos. Un dez para todos os nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º que  se portaron fenomenal.
Felices Vacacións e vémonos a volta!

6 jun 2016

Visita a Lavacolla (2º)

O pasado luns 6 de xuño visitamos por sorpresa o Aeródromo Militar de Lavacolla. Coa mochila lista montamos no bus e chegamos a un lugar que non todo o mundo pode ver, xa que non está a berto ao público.

Unha vez chegamos coñecimos a varios militares que alí traballan, e mesmo había chicas, como Lorena! E algunhas con pistola! Contáronnos que alí as mulleres traballan igual e teñen os mesmos deberes que os homes, e tamén os mesmos dereitos.


Puidemos ver unha avioneta, e entrar dentro e ver como, movendo os mandos, se movían os aleróns. Logo recibimos a visita dos bombeiros, que nos deixaron montar no seu camión.


Merendamos na cantina, e puidemos ver uns vídeos sobre o traballo que fan no 43 Grupo anti incendio e nos recomendaron, para entender ben esta labor, unha peli con pinta interesante (máis nunha terra como Galicia, que raro é que non arda verán tras verán).






18 jun 2015

Excursión de Fin de Curso

Dadas as limitacións coas que contamos no centro ao final tivemos que optar por non viaxar cos compañeiros de Infantil e de 2º de Primaria a Campo Lameiro e decidimos viaxar pola mellor cidade do mundo: Compostela.

Saímos cos amigos de 3º, que ían de visita guiada por Mari, a mamá de Chano e Xoel. Unha vez no Obradoiro tiñamos unha Quest que cumplir: resolver uns acertixos para poder seguir avanzando pola cidade, sendo o primeiro "Nesta praza tan soleada, hai que atopar dúas espadas". Polo visto non podían ser de metal, a as dúas de pedra que había víunas Maxim no Pazo de San Xerome. Visitamos logo o Pazo de Fonseca, buscando "letras vermellas cerca das tellas" e aprendimos que é Alonso III de Fonseca, e "cabalos, non sei se bos ou malos" nas Praterías. Na rúa do Vilar o acertixo dicía "Sen baixar o pantalón nin decir nin mú, hai que ter un dedo metido no cú"... que difícil! Ao final resolveuno Iago sen se manchar as mans (menos mal).
Toural, Orfas, varias probas. E chegamos a Mazarelos, co arco medieval e outro acertixo: "Nesta praza seca e sen fonte, hai polo menos un peixe (que eu conte)"... Esta vez foi María que atopou ao peixe agochado de Mazarelos.

Paseamos pola praza de Abastos despois de visitar ao Reis Magos, e mercamos froita para quen quixo (plátanos, cereixas e mazás), e merendamos en Cervantes. Paseo pola rúa Travesa e "neste paso estreitiño hai que ver un paxariño", que Maryo atopou se dificultade.

Descansamos no parque de San Roque (cunha mini-visita á Gardaría da Galiña Azul) e logo, seguindo sempre o mapa, baixamos por Coímbra e ruta directa polo Burgo das Nacións cara o CEIP de Vite.
Aí van as poucas fotos que puidemos sacar. Hai algunha imaxe máis no blog dos Marabillosos Laretas!








26 nov 2014

CONCERTOS DIDÁCTICOS: Real Filharmonía de Galicia

Os nenos e nenas de 1º e 2º asistimos hoxe o concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia onde o músico Rodrigo Romaní colabora  como narrador.

Asistimos a un concerto ca  particularidade de que as distintas pezas musicais foron narradas en forma de conto, para o que escoitamos a versión de “Las zapatillas rojas” que de este relato de Hans Christian Andersen fixo o escritor galego Francisco Castro, e que conta a historia dunha nena que ten unhas zapatillas máxicas e non pode parar de bailar. Rodrigo Romaní estivo acompañado pola filla do escritor, Naia, e xuntos acercaron os nenos este relato, que serviu para ilustrar as diferentes suites musicais.




22 nov 2014

SUPER PEPO

O mércores día 20 de novembro, e aproveitando que celebrábamos o día do neno, convertiámonos en Super heroes.Super Pepo ensinounos a gañar a os malvados Hada Ry Keza, Capitan Despilfarro, Petrolex, Justino,Doktor Pupas, Abe Cenutrio.


"HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR".

O xoves día 20, xunto cos compañeiros/as de 1º, visitamos Á EXPOSICIÓN "TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN" DA FUNDACIÓN ABANCA. 
Alí participamos NO OBRADOIRO "HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR" e coñecemos obras de grandes pintores como Picasso,Dalí, Miró e Kandinsky.





7 nov 2014

SERES MITOLÓXICOS

Aquí  déixovos o video da nosa presentación dos Seres Mitolóxicos na Biblioteca Anxel Casal, aínda que estaban un pouquiño nerviosos fixérono fenomenal.
É unha pena que o son non sexa moi bo . Disfrutade dos vosos pequenos artistas!!!

5 nov 2014

A Casa do Avó

O luns día 3 de Novembro asistimos a Sgae para ver a obra A Casa do Avó, representada por Tanxarina Títeres.




Pasámolo fenomenal, aínda que nos mollamos un pouquiño........

19 jun 2014

SESIÓN DE MAXIA


O mago Óscar fixo as delicias de nenos e mestras nunha sesión que tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal: cartas, panos de cores, bolas, laranxas... todo valeu para sacar o sorriso e os aplausos do público, formado polo alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º. Déixovos esta galería de imaxes da xornada

16 jun 2014

Visitamos "A casa Patrón" en Lalín

O venres día 13 de xuño, e para rematar o curso, visitamos a casa Patrón, en Lalín.
Aprendemos mooooooitas cousas e pasámolo super ben , ainda cun caloooooooor ........
Asi despedímonos ata o vindeiro curso. BO VERAN A TODOS!!!!!!

6 nov 2013

O SOLDADIÑO DE CHUMBO


O alumnado de 2º EP, acompañados polas profes Chus e Carmela, puidemos disfrutar onte dunha representación de teatro moi especial.
No SGAE estanse a presentar as últimas montaxes teatrais galegas dentro do programa MOSTRA GALEGA DE ARTES ESCÉNICAS.
Nós presenciamos a representación de "O soldadiño de chumbo", a cargo da compañía BAOBAB. Entre o público había programadores de teatro de diferentes puntos de Galicia. Nós eramos o único público infantil así que os actores e actriz da compañía foron moi amables con nós e fixemos unhas fotos ao final, cheos de ledicia despois de rirnos e berrar cos acontecementos vividos.