Hoxe, despois da Hora de Ler, trouxen á aula un xogo que teño na casa chamado
Story Cubes.
|
Sinxelo e entretido, non ten máis |
É un xogo ben sinxelo: nove dados de seis caras, cada unha cunha imaxe distinta. A mecánica é tiralos, mirar os nove resultados e contar un conto integrando cada unha das imaxes na historia.
|
Equilicuá a tirada que obtivemos |
Atrevéronse a narrar unha historia David, Malik, Maxim, Maryo, Sergio, Jesús e Iago, e contaron sete contos moi divertidos, todos distintos e imaxinativos. Todos eles obtiveron o Logro +1 de Artista!
Se podemos repetilo, repetiremos... Pero lembrade que para xogar a este xogo non fan falla dados: podemos, na casa, dicir cada un algo distinto ("casa", "dragón", "xantar", "mar") e logo facer unha historia xuntando todas as cousas que dixemos... Xa sabedes!
|
IMAXINACIOOOOOOÓN!!!! |