31 mar 2020

Ciencias da Natureza e Ciencias Socias 2°A

Coronavirus

"Como saír do aburrimento"

📽 Coñecedes a Xurxo? É o protagonista deste incrible vídeo realizado por David Saborido e Belén Torrado mediante a técnica #stopmotion.
Xurxo quérevos ensinar algunhas das súas rutinas diarias para facer este #illamento moito máis levadeiro:
1⃣ Fóra pixama!
2⃣ Lavar as mans
3⃣ Facer #deporte
4⃣ Tarefas do fogar
5⃣ Volver lavar as mans
6⃣ Os nosos amigos, os libros
7⃣ Saír aplaudir ás 20.00 horas
8⃣ Descansar e soñar
E vós, que rutinas tedes?
Contádesmas? 

↘️Preme no enlace e conocerás a Xurxo↙️

           Xurxo e os seus consellos

24 mar 2020

CARTAS DE ÁNIMO (Segundo A)

Ola a todos e todas de novo!

En momentos tan complicados para tantas persoas, é moi importante pensar que podemos facer nós polos demais. Seguindo a idea doutros mestres e mestras, invitámosvos a que participedes na seguinte iniciativa:

- Elaborar unha carta para dar ánimos as persoas que se atopan hospitalizadas no Hospital Clínico de Santiago e que non poden recibir visitas dos seus familiares.


É unha actividade totalmente voluntaria, que ninguén se sinta obrigado ou obrigada a participar, pero creo sería moi bonito pola vosa parte. Se vos animades a participar escribide a vosa carta en formato papel e sacádelle unha FOTO para enviárnola ao seguinte enderezo : segundoAvite@gmail.com

É importante que saquedes ben a foto, é dicir, que non estea borrosa e se lea ben o contido (se a escribides a boli verase mellor). Revisade a ortografía e a caligrafía.

Para os que nos vos lembredes aquí vos deixo unha carta coas diferentes partes que debe ter:

Xuntos e xuntas todo é máis doado!

INSTRUCCIÓNS PARA ACCEDER AS FAMILIAS AO LIBRO DIXITAL 2º


ENGLISH
Hello everybody,
Hola a todos, ya tenemos acceso libre a la página del libro de inglés.
Tenemos que buscar en google:    go.richmonddigital.net
vamos a la pestaña student's access  y desde google Chrome (porque otros navegadores pueden dar problemas) entramos con   Username:  richmond2020
                                         Password:  richmond
Para los de 2º
una vez dentro seleccionamos el curso 2º y ya tenemos acceso a los libros (student's i-book) tanto el students book como el activity book.
Así que…… a repasar la unit 4       Animals everywhere


20 mar 2020

PASATEMPOS

PARA PASAR UN RATIÑO ENTRETIDOS

vídeo canción de resistiré



Boa tarde, vou a publicar o vídeo da canción de resistiré para animarnos nestes días de tanto confinamento.






O triduo Pascual





É unha versión resumida do Triduo Pascual. Espero que os guste e vos axude a reflexionar sobre o que xesús fixo por nós.                                                                                                                           


18 mar 2020

CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS 2A

Ola de novo!

Aquí irei colgando actividades e videos, clasificados por días, relacionados coa área de Ciencias da natureza e Ciencias sociais, así que revisade esta entrada con frecuencia.

18/03/2020

 Hoxe deíxovos  uns videos sobre os animais:







23/03/2020

Ola!
Resolve este encrucillado de animais. Cal sobra?




24/03/2020
Ola alumnos e alumnas!
Hoxe a proposta é a realización dunha infografía sobre algúns consellos para previr o coronavirus.
Aquí vos deixamos a nosa a modo de exemplo e un documento que vos pode servir de axuda para a realización da vosa.
Ánimo! Seguro que saen unhas infografías chulísimas.
Recordade que o correo para enviar as actividades é: segundoAvite@gmail.com








27/03/2020

Ola!
Hoxe deixamos unhas fichas que xira en torno a un texto de Gloria Fuertes: "La oca loca".



17 mar 2020

MÚSICA

Actividades música 2º. Semana do 16 ao 20 de marzo.

1.- Recordamos a canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a bailar para que a aprendan: https://www.youtube.com/watch?v=GCltbbXolVQ

2.- Agora imos ver que sons son longos e cales son curtos: https://www.youtube.com/watch?v=EqvxevCwimg

3.- Recordamos as figuras negra e corchea? Imos velo: https://www.youtube.com/watch?v=uZ-DClcaYjI

4.- Fixemos de reloxos, acordádesvos? https://www.youtube.com/watch?v=sba8hbxhN1g
Cando o reloxo fai tic tac nos movemos ao ritmo e cando o despertador soa levantamos as mans e movemos todo o corpo. 

Lingua Galega e Literatura 2A

Ola!
Para facilitarvos o traballo,  aquí irei colgando as tarefas  para realizar na área de Lingua Galega e literatura. Mirade periodicamente esta entrada, teredes as actividades clasificadas nas distintas datas en que as vou subindo.

17/03/2020

Un pouco de gramática. Ánimo!





18/03/2020


Bo día! Espero que esteades levando ben estes días na casa. Hoxe propóñovos unha actividade parecida as que xa fixemos na aula, baseada no traballo de autores como Gianni Rodari. O que teredes que facer será crear un conto, seguindo unhas plantillas que vos deixo a continuación. Estou segura de que van a saír historias diferentes e moi interesantes. Papás e mamás, animádevos a escribir vos tamén!








ALGUNHA PROPOSTA QUE SE PODERÍA FACER A PARTIR DA LECTURA DE CONTOS, ADEMAIS DE GOZAR SO COA LECTURA

Ler contos, falar sobre eles, da relación entre o texto e a ilustración e realizar tarefas a partir deles e, aquí é importante escoitar as ideas d@ teu/túa fill@:

 -- Quen é o protagonista, como é, que lle pasa,... 

Pode debuxar o/-s protagonista/-s e escribir o seu nome. Neste momento é importante pronunciar o nome do protagonista con claridade para que @ nen@ o escriba, segundo o nivel lectoescritor no que se atope (pode trazar con círculos, con raias, por as letras que el coñece, so as vogais,...) e vos escribides debaixo da súa escrita o nome correctamente, valorando sempre o esforzo que fai @ nen@.

 -- Podedes xogar a cambiar o final do conto empregando o binomio fantástico de Gianni Rodari "que pasaría si...", creando así novas historias.

 -- Podedes introducir nun conto, personaxes doutros, creando novas historias (incluso o adulto ou irmáns maiores poden escribir esta nova historia, para recoller e poder volver lela ou gravalo) -- Mirar contos ou albums ilustrados que teñen so ilustracións e xogar a inventarlle unha historia (que tamén podedes recoller, reler e modificar as veces que @ nen@ desexe ata que lle guste como queda o conto final)

 -- Propoñer dúas ou tres palabras (animais, obxectos, cores, formas,...) e inventar historias a partir delas.

 -- Facer fincapé nos inicios e finais dos contos lidos durante estes días e analizar se todos comezan e finalizan igual. 

HORA DE LER 

Busca unha adiviña (mellor en galego) e grava un vídeo para mandárnolo. Non nos digas a solución. Se non queres gravar o vídeo tamén nos podes mandar un audio ou unha foto dela escrita (ou as dúas cousas). Se pos en Google "adiviñas en galego" seguro que atoparás algunha, tamén podes preguntarlle a algún familiar ou mirala nalgún libro que teñas na casa. Se despois, ademais de buscar unha, decides inventar ti outra estaremos desexando vela. 

RECORDA QUE O CORREO PARA ENVIARNOS AS ACTIVIDADES É: 
segundoAvite@gmail.com

20/03/2020

Para hoxe e os vindeiros días propóñovos facer de cociñeiros e cociñeiras. Para iso teredes que elaborar unha receita, que pode ser do que comades hoxe ou doutra comida que vos apeteza. Ademais anímovos a que participedes na elaboración e practiquedes así cos quilos, os gramos...(interdisciplinariedade coa área de matemáticas) e axudedes as vosas familias a preparar o xantar. Despois escribídea a man, nun Word ou gravade un vídeo e mandade o resultado ao correo:

 segundoAvite@gmail.com

Aquí vos deixo unhas pautas que atopei  para a redación. Estamos desexando vervos como expertos cociñeiros e cociñeiras.








HORA DE LER

Le o libro favorito que teñas na casa. Escribe nunha folla o título, autor/a, o ilustrador/a e a editorial e fai un debuxo do protagonista. Despois podes gravar un audio lendo este libro e mandárnolo ao correo electrónico de sempre.

PARA TRABALLAR AS DESCRICIÓNS

A través do enlace que tedes a continuación, podedes acceder a unhas fichas para facer descricións que me pareceron moi interesantes. Anímovos a empregalas e a que fagades a descrición sobre alguén que vos apeteza (familiar, amigo, personaxe dun conto...).

https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2013/04/ESQUEMA-DESCRIPCI%c3%93N-DE-PERSONAS-.pdf

23/03/2020


HORA DE LER
 O día 21 de marzo foi o DÍA DA POESÍA. Mira pola casa a ver se tes algún libro de poemas, busca un en Google, por exemplo, de Gloria Fuertes ou de clásicos como Rosalía de Castro...Podes envialo nun audio, escrito ou gravar un vídeo. Se sabes e podes ata lle podes poñer música de fondo para que quede máis bonita a lectura.


FICHAS 




25/03/2020

HORA DE LER

Hoxe traballaremos un texto un pouco diferente, os REFRÁNS. Buscade un en galego na web. Tamén lle podedes preguntar a un maior a ver se sabe algún. Despois escrbídeo nunha folla e poñede, coas vosas palabras, o que significa. Podedes gravalo en audio ou en vídeo coma sempre.
Para mañá dan bo día pero recordade que "Marzo, marzolo, trebón e raiolo".

E para os mais artistas aquí deixamos un vídeo para practicar a técnica do puntillismo coas cores primarias. Mirade que bonito queda, quen se anima?



FICHAS PARA HOXE...





27/03/2020

Actividade: Emails futuristas

Ola!
Xa estamos rematando outra semana, esperamos que as vosas enerxías non se esgoten.
Hoxe plantexamos unha proposta diferente, trátase de que nos enviedes un correo electrónico que nos vai a chegar no futuro. Neste correo teredes que poñer os vosos desexos e inquedanzas a día de hoxe , a ver se para cando veña de volta xa se arranxaron as preocupacións que temos.
Utilizaremos a seguinte ferramenta: https://www.futureme.org/

Cando teñades que introducir a data na que queredes que chegue o correo, poñeredes a seguinte: 10 de xuño de 2020. Ese día recibiremos todos os correos.
Animádevos a participar!

FICHA



HORA DE LER

 Se picades AQUÍ ou AQUÍ descubriredes dous cómics que seguro que vos gustan. Fixádevos nas viñetas, nos bocadillos, nas cartelas e cartuchos, nas cores, nas onomatopeas... Pero sobre todas as cousas desfrutade da lectura!

16 mar 2020

MÚSICA


Actividades música 1º. Semana do 16 ao 20 de marzo.
1.- Recordamos a canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a bailar para que a aprendan: https://www.youtube.com/watch?v=GCltbbXolVQ
2.- Imos recordar o concepto forte- suave. Para iso recordarmos a canción “Yo tengo una casita” https://www.youtube.com/watch?v=6Tzwa5aVD4g
3.- No seguinte video faremos un ditado de forte-suave. Só necesitamos unha pintura vermella e outra azul.
4.- Agora imos tocar un pouco. Xa sei que na casa non temos os instrumentos do cole, pero seguro que podemos atopar algo que soe parecido a un triángulo e a unha caixa chinesa (por exemplo un vaso cunha culler de metal e un morteiro)
5.- Por último, a moverse un pouco!!! Imos saltar como canguros: https://www.youtube.com/watch?v=v3Yw0bORcPU
Sabedes que instrumento toca nesta composición? Comprobarédelo ao final do video.

DIFERENTES ACTIVIDADES PARA ESTAR ENTRETIDOS


http://aulasgalegas.org/

https://www.mundoprimaria.com/ (Infantil e Primaria)
http://www.cristic.com/infantil/juegos/ (Infantil e Primeiro Ciclo)
https://www.paisdelosjuegos.es/juegos/educativos
http://www.pipoclub.com/ (Ed. Infantil e Primaria)
https://www.edu.xunta.es/xogos/ (Recursos en Galego)
http://valleinclan1.blogspot.com/2012/12/xogos-en-galego.html (Recursos en Galego)

PROPOSTAS DE AUDICIÓN E LINGUAXE

ACTIVIDADES PARA A CLASE DE BELÉN (AL). DO 16 AO 29 DE MARZO.

-       COMPRENSIÓN LECTORA:
Colle  o libro que esteas lendo e escolle dous capítulos (pode ser un cómic, neste caso escolle dous bloques de 5 páxinas). Agora vas ser ti a profe: tes que inventar 5 preguntas que farías ao teu alumnado sobre ese capítulo (10 en total). 

-       EXPRESIÓN ESCRITA:
Seguro que para a volta ao cole non te vas lembrar de tantas cousas que fixeches! Escríbemo nun diario para poder contarmo. Só precisas nunha libretiña que xa teñas ir poñendo a data e contarme algo guai que fixeras ese día e así compartilo á volta. 

-       EXPRESIÓN ORAL: 
Inventa uns diálogos para a seguinte curta de animación. Se os escribes, mellor! Así poderemos practicalos logo na clase. Pon en youtube: monsterbox, aquí tes a ligazón:  https://www.youtube.com/watch?v=bxPRvKt203U

-       XOGOS COAS LETRAS:
Lembra os xogos que facemos na clase: xogar ao aforcado, palabras encadeadas (por letra ou por sílaba), coller 7 letras e intentar formar todas as palabras posibles,…

-       REPASIÑO:
Se queres facer un repasiño online podes entrar nesta páxina http://www.infantil.librosvivos.net/  e meter o código do teu curso:
2º EP: 132889
3º EP: 113490 ó 116613
4º EP: 113492 ó 116625
5º EP: 120448

·      NOTA PARA AS FAMILIAS: Se precisades máis materiais específicos, queredes máis actividades, recursos TICs ou tendes calquera dúbida, contactade comigo: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal

Agardo que estedes ben e que nos vexamos moi prontiño! Apertas virtuais!

Enlaces educativos


Nesta entrada deixaremos enlaces que vaiamos atopando interesantes, así que entrade con frecuencia.

16/03/2020

- Para traballar a comprensión lectora, a través de pequenas historias con actividades: https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/lecturas-cortas-y-rapidas

- Para crear historias, que incluso poderedes gardar, imprimir e gravar: http://apliense.xtec.cat/petites_histories/historia.php?lang=es&num=9&id_story=9#

- Para traballar o cálculo: http://www.eltanquematematico.es/

- Un blog cheo de recursos para os distintos niveis educativos: http://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto/

17/03/2020

- Xogos en galego para traballar a gramática: https://www.edu.xunta.es/xogos/

20/03/2020

- Para traballar na área de matemáticashttps://es.ixl.com/math/2-primaria

- Máis de mates...CIFRAS E LETRAS https://www.psicoactiva.com/tests/diccionario/cifras-y-letras.php#inicio

25/03/2020

- A editorial Kalandraka ofrece recursos interesantes que podedes atopar no seguinte enlace: http://www.kalandraka.com/ga/novidades/
- Xogos educativos: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/1659

O ciclo da auga e os animais


Ola a todos e todas!

Para non perder o ritmo e seguir traballando un pouquiño, déixovos algunhas actividades para realizar:

 Ciencias da Natureza

Exercicio 1

Enlace cun vídeo sobre o ciclo da auga: https://www.youtube.com/watch?v=3QVj99UGk3Q

Despois de ver o vídeo, respondede as seguintes cuestións:

1. Cales son as fases do ciclo da auga?
2. Saberías explicar por que se lle chama "Ciclo" (da auga)?
3. Fai un debuxo que explique o proceso completo.

Exercicio 2
Fichas descargables 




Ficha de estados del agua en la que has de completar la frase con las 2 palabras que te propocionamos sobre los estados del agua.





Exercicio 3

Aburridos e aburridas? Aquí vos deixo un xogo interactivo, a modo de repaso, sobre os animais vertebrados e invertebrados: https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/animales-vertebrados-e-invertebrados-4--

Exercicio 4

Boas noticias para a creatividade e imaxinación! Para hoxe tamén vos propoño que inventedes unha pequena historia sobre un animal que viva no ecosistema acuático. Lembrade todos os que vimos na aula e tratade de ser orixinais.  E como é para a área de lingua galega e literatura, tratade de escribir en galego. 

15 mar 2020

INFORMACIÓN PARA 2A

Ola Familias!

A partires do  Luns 16 de Marzo, a mestra Eulalia e eu iremos colgando algunhas actividades para que os alumnos e as alumnas realicen na casa. Tamén compartiremos con vós enlaces educativos con recursos interesantes para traballar e reforzar os contidos e que poderedes consultar neste blog baixo o nome de "segundoA". Cada un e cada unha dentro das súas posibilidades que vaia facendo o que poida. Para calquera dúbida poderedes contactar con nós ao seguinte enderezo:

segundoAvite@gmail.com

Esperamos que todo isto se resolva o antes posible. Unha aperta!

María

NOTA INFORMATIVA PARA 2A


Estimadas familias
Ante esta nova situación de suspensión das clases durante 14 días, estas son as propostas para traballar na casa estes días:

  • Ler cada día un pouco en galego e en castelán.
  • Ir realizando as actividades do libro ata a páxina 183
  • Facer pequenos escritos de 4 ou 5 liñas.
  • Realizar sumas e restas levando.
  • Nos últimos días na clase estivemos traballando o cálculo mental nunha páxina que lles gusta moito: http://www.eltanquematematico.es/ (e dentro desta páxina hai un apartado que é cálculo mental).