25 ene 2013

OS DE SEGUNDO TAMÉN BAILAN

Ola! Son Carmela, a profe de Ed. Física. Onte púxenvos o vídeo do alumnado de 1º na clase de Ed. Física e hoxe tócalle aos de 2º pero teño que contarvos un segredo: xa é a segunda vez que o gravamos é por algún motivo desconéctase a cámara pola metade así que só consigo unha parte do baile. De todos os xeitos vouno poñer e xa haberá outras ocasións máis adiante.
Con todos vostedes: O SEÑOR DA SERRA; intérpretes: alumnado de 2º de Primaria

24 ene 2013

XOGANDO CON MÚSICA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Estes días hai moito ritmo no pavillón. Aínda que practicamos moitas danzas e xogos con música, gravei ao alumnado de 1º facendo este que se titula O XOGO DA CARRASQUIÑA. Son tan espabilados/as que á segunda vez xa foron capaces de facelo sen a profe Carmela e así puiden gravalos millor.
Parabéns para eles e elas!

14 ene 2013

Hora de ler!

Hola de novo, sinto haber estado ausente durante todo este tempo, espero que pasarades unhas felices navidades e teñades un bo aninovo.

Ca chegada do novo ano e sobre todo ca chegada de Papa noel e os reis magos ben cargados de regalos, volvemos ao colexio coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar.