13 dic. 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (LIP DUB LSE)


O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Esta é unha conmemoración moi importante, pois todos/as nós somos moi diversos e todos/as merecemos as mesmas oportunidades; o único no que somos iguais é en que todos/as somos diferentes!

Os nenos/as de 1º e 2º de educación primaria traballamos estes días sobre a diversidade e a inclusión, recordamos que no "mar" de 1º e 2º todos os "peixiños" somos diferentes, e decidimos facer un "lip dub" coa canción "Madre Tierra" de Chayanne en Lingua de Signos Española (LSE).

Esperamos que disfrutedes do vídeo tanto como nós facéndoo.





Por último, adxuntamos tamén algúns dos vídeos sobre os que traballamos na aula.












11 dic. 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (ANA FRANK)

O pasado 20 de novembro foi o Día Universal da Infancia e os alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria traballamos varios días sobre os dereitos dos nenos/as.

Coñecemos tamén a historia de Ana Frank, unha nena xudía, que durante a Segunda Guerra Mundial, tivo que esconderse durante máis de dous anos para escapar dos nazis. No seu escondite escribiu un diario, e coa súa publicación ao rematar a guerra, Ana e o seu diario fíxéronse mundialmente coñecidos.

Entre todos/as, fixemos un mural e grabamos un vídeo no que explicamos a súa historia. 

Agardamos que vos guste e que non haxa ningún neno/a no mundo ao que non se lle respeten os seus dereitos!


                                         


                            




3 dic. 2018

ANIVERSARIO DE NOA R.

Hoxe en 1ºB celebramos o aniversario da nosa compañeira Noa R.! 

Pasámolo moi ben festexando todos/as xuntos.

Moitas grazas por compartilo con nós e agardamos que cumpras moitos moitos máis! 



26 nov. 2018

1º E 2º DO CEIP DE VITE I CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa a calquera tipo de violencia machista e o noso desexo dun mundo no que a igualdade de xénero sexa 100% real; e para conseguir iso, debemos concienciarnos xa dende pequenos/as.

Deixámosvos parte do traballo realizado e algúns dos vídeos que visionamos na aula.

























24 nov. 2018

S.O.S, SALVEMOS O PLANETA!

Dende as áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais e en relación co Proxecto que se está a desenvolver no centro "A contorna cousa nosa", o alumnado de 1º de educación primaria realizamos as seguintes actividades: xogo de reciclaxe, papeleiras de reciclaxe para a aula, tríptico de reciclaxe para enviar á casa, coidado das plantas do patio, colaboración coa "Patrulla verde" durante o recreo, colaboración no composteiro, realización dun estudo meteorolóxico semanal, construción dun cataventos con materiais reciclados, murais coas conclusións do estudo meteorolóxico e visita dos avós/as á aula para contarnos como era o tempo cando eles eran pequenos e como cambiou na actualidade e para reflexionar sobre o cambio climático.

Deixámosvos tamén un vídeo no que vos amosamos parte do traballo que realizamos e agardamos que nos axudedes a salvar o Planeta, pois o coidado do medio é cousa de todos/as!








13 nov. 2018

A NOITE ESTRELADA (VICENT VAN GOGH)

Este curso, o alumnado de 1º estamos a desenvolver un proxecto de arte a través do cal traballamos varios cadros, así como os seus pintores/as.

En primeiro lugar, coñecemos os aspectos máis importantes da vida do pintor/a e, tras isto, cada neno/a elabora a súa propia representación do cadro. 

Por último, colocamos todo o traballo realizado no “Recanto da arte de 1º” que temos nun dos corredores.

Así mesmo, o primeiro cadro co que demos comezo ao proxecto foi “A noite estrelada” (1889) de Vicent van Gogh (1853-1890) e este foi o resultado final! 






Adxuntamos tamén o video da biografía de van Gogh.











9 nov. 2018

ANIVERSARIO DE NOA P.

Hoxe cumpre anos a nosa compañeira Noa P. de 1ºB. 

Moitas grazas por compartilo con nós e agardamos que desfrutaras da celebración xunto aos teus compañeiros/as.