12 jun 2019

AUTORRETRATO DEDICADO AO DOUTOR ELOESSER (FRIDA KAHLO)

Finalmente, o cadro co que o alumnado de 1º pechamos o noso Recanto da Arte este curso é "Autorretrato dedicado ao doutor Eloesser", da pintora mexicana Frida Kahlo.

Nesta ocasión, empregamos ceras brandas e adornamos o cadro con flores naturais.

Querádonnos preciosos!



 







11 jun 2019

LA SONRISA DE ALAS FLAMEANTES (JOAN MIRÓ)

Recentemente, os alumnos e alumnas de 1º actualizamos o noso Recanto da Arte.

Nesta ocasión, traballamos co cadro "La sonrisa de alas flameantes", do pintor catalán Joan Miró.

Agardamos que vos guste o resultado.




4 jun 2019

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Nos últimos meses, o alumnado de 1º e 2º realizamos diferentes actividades sobre a alimentación saudable.

En primeiro lugar, desenvolvemos o proxecto "Os alimentos", no cal elaboramos unha pirámide alimentaria, cubrimos un rexistro semanal de comidas para analizar a nosa dieta, etc.

Por outro lado, con motivo do Día Mundial da Saúde, fixemos unha visita guiada ao supermercado Gadis, dentro do programa "Alimentes" de alimentación saudable e consumo responsable.

Por último, tamén visitamos o "Autobús da Saúde de Carrefour", no que elaboramos un riquísimo e saudable almorzo.
























2 jun 2019

ANIVERSARIO DE MARTÍN

O pasado mércores celebramos o aniversario do noso compañeiro Martín que cumpría 8 anos.
Agardamos que o pasaras moi ben e moitas grazas polos agasallos!


ANIVERSARIO DE ROI

Nos últimos días celebramos o aniversario do noso compañeiro Roi de 1ºB.

Agardamos que desfrutaras da celebración xunto ao resto de compañeiros/as e que cumpras moitos máis.