4 jun 2019

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Nos últimos meses, o alumnado de 1º e 2º realizamos diferentes actividades sobre a alimentación saudable.

En primeiro lugar, desenvolvemos o proxecto "Os alimentos", no cal elaboramos unha pirámide alimentaria, cubrimos un rexistro semanal de comidas para analizar a nosa dieta, etc.

Por outro lado, con motivo do Día Mundial da Saúde, fixemos unha visita guiada ao supermercado Gadis, dentro do programa "Alimentes" de alimentación saudable e consumo responsable.

Por último, tamén visitamos o "Autobús da Saúde de Carrefour", no que elaboramos un riquísimo e saudable almorzo.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario