22 mar 2013

OBRADOIRO DE COCIÑA - 1º

Hoxe tivemos unha marabillosa experiencia elaborando todos xuntos unhas mini-hamburguesas: preparamos os ingredientes, machucamos no  morteiro (allo, sal, perexil e pementa blanca), ollamos miga de pan en leite sen lactosa, escorrémolo ben e botamos todo xunto coa carne e dous ovos nunha cunca. Amasamos e un tempiño máis tarde fixemos as hamburguesas, fritímolas na plancha e ... A COMER!



PRIMEIRA EXPERIENCIA NA COCIÑA

Hoxe preparamos unhas ricas trufas de chocolate, necesitamos chocolate para derretir, leite, galleta e chocolate en po. Derretimos o chocolate no microondas, mezclamos con leite e galleta e vamos formando bolas.Por último espolvoreamos con chocolate en po, e listos para disfrutar comendo todos xuntos. Mmm que rico! 







17 mar 2013

Visitamos o parque da Alameda

Acompañados de Cristina, a profe de Audición e Linguaxe visitamos o parque da Alameda. Tivemos moita sorte, xa que os días anteriores estivo chovendo (incluso nevando) e o venres fixo un día soleado e ata caluroso.

A visita ao parque deu moito de si, collemos pequeñas piñas, flores, bebemos nas fontes, examinamos os estanques, vimos o pombal...