29 mar 2019

SAÍDA AO CENTRO ABANCA

O pasado martes os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistimos aos contacontos organizados no centro Abanca pola XIX Campaña municipal de animación á lectura.

Gustáronnos moito os contacontos e a exposición!



















25 mar 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - SEMANA DA PRENSA

Nas últimas semanas, as alumnas e os alumnos de 1º e 2º celebramos as seguintes conmemoracións: o Día Internacional da Muller e a Semana da Prensa.

En primeiro lugar, relacionado co Día Internacional da Muller, en 1º contamos coa visita de catro mulleres, familiares do alumnado: Diana, Conchi, Uxía e Mari. Visitaron a aula para falarnos sobre o seu traballo ou o das mulleres da súa familia. Contáronnos cousas moi interesantes e mesmo trouxeron varios obxectos relacionados cos traballos, que nos axudaron a entender mellor en que consisten. Cando remataron a súa presentación, aproveitamos para entrevistalas para Vite Televisión.

Ademais, as mulleres relacionadas cos nenos/as de 1º e 2º que quixeron participar a pesares de non poder asistir ao centro, enviaron fotografías realizando o seu traballo. Estas fotografías empregámolas para completar o mural "Mulleres" que fixemos con Diana durante a súa visita, no que escribimos palabras relacionadas coas mulleres como "fortes, valentes, libres...".

Nos próximos días, os alumnos/as de 1º e 2º da área Valores Sociais e Cívicos, elaborarán unha pequena exposición no corredor titulada "Mulleres que fixeron historia", na que traballaremos sobre quince mulleres que marcaron e cambiaron a historia do mundo. Pronto amosaremos no blogue o resultado!

Por outra banda, en relación á Semana da Prensa, o alumnado de ámbolos cursos fixémonos pasar por xornalistas de Vite Televisión, "o programa que os nenos e nenas de 1º e 2º facemos con ilusión". Os nenos/as de 1º fixeron unha noticia tanto en vídeo como escrita sobre a celebración do Día Internacional da Muller, mentres que os/as de 2º fixeron unha reportaxe para o telexornal sobre o Entroido, no que entrevistaron ao alumnado de 3 anos, ao de 1º e ao de 6º, así como ao profe Julio.

Así mesmo, os nenos/as de 2º tiveron unha visita tamén moi especial, pois a xornalista da TVG Alba Mancebo acudiu á aula para explicarlles como traballan na televisión.

Foron uns días de moito traballo, pero pagou a pena, xa que aprendemos e desfrutamos moito.

A continuación, amosamos as dúas reportaxes de Vite Televisión e varias fotografía das visitas e do mural.

Moitas grazas a todas as súper mulleres que participaron nestas actividades!





                                     









22 mar 2019

CONCORDE (MARUJA MALLO)

Nos últimos días, o alumnado de 1º actualizou o seu Recanto da Arte.

Nesta ocasión, o cadro que traballamos foi "Concorde", da pintora galega Maruja Mallo (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995). Pintámolo con plastilina!

Aquí vos amosamos o resultado.





ANIVERSARIO DE RUI

Hoxe é o aniversario da nosa compañeira Rui de 1ºB.

Agardamos que desfrutaras moito da celebración na aula e que cumpras moitos máis.


21 mar 2019

PAÍSES DO MUNDO

Dende a área de Valores Sociais e Cívicos estivemos elaborando un mural sobre os países dende os que viñeron algúns dos nosos compañeiros/as: os de 1º A fixemos un de Venezuela e os de 1º B fixeron de China, Argelia e Venezuela.

Buscamos información que nos pareceu interesante de cada país e logo elaboramos un mural que explicamos ao resto da clase. Tamén aproveitamos para que os protagonistas nos falaran do seu país. Coñecemos moitas curiosidades!








16 mar 2019

Semana da Prensa


Derivado do traballo feito estes días en realción ás Semana da Prensa, a profe Marta puido traer a unha amiga súa: a xornalista da TVG Alba Mancebo.

Nesta experiencia puideron descubrir moitos secretos de como é traballar na tele!






15 mar 2019

SAÍDA AUDITORIO "A BELA DURMINTE"

Hoxe os alumnos/as de 1º e 2º asistimos ao Auditorio de Galicia para escoitar o conto "A bela durminte", narrado coa colaboración da Banda Municipal de Música de Santiago e organizado polo Festival Atlántica.

Pasámolo moi ben!






DESPEDIDA DE VIRGINIA

Hoxe os nenos e nenas de 1º A despedímonos de Virginia, unha alumna de Maxisterio en prácticas que estivo con nós preto de dous meses.

Ela toca o clarinete e como hoxe foi o seu último día tróuxonolo á aula e tocounos cancións moi coñecidas.

Deixámosvos algunhas fotos.

Moita sorte Virginia!





6 mar 2019

ENTROIDO 2019

O pasado venres foi un día moi moi divertido para o alumnado de 1º, pois celebramos o Entroido no centro.

Para completar o proxecto de arte que estamos a desenvolver, decidimos disfrazarnos de dous dos pintores máis importantes da historia: Frida Kahlo e Diego Velázquez, e ata fixemos a nosa propia representación dun dos seus cadros máís coñecidos ("Autorretrato adicado ao doutor Eloesser" no caso de Frida, e "As Meninas" no caso de Velázquez).

Participamos na exposición de bonecos de "comadres e compadres" e no desfile de disfraces e, para rematar, desfrutamos da festa gastronómica na compaña das nosas familias, na que tivemos a oportunidade de degustar os mellores doces típicos do Entroido.