25 dic 2018

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2019 A TODOS/AS

O alumnado de 1º desexámosvos "BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2019 A TODOS/AS".

Para despedir o ano, deixámosvos un vídeo do último día de cole antes das vacacións: vimos curtas de Nadal todos/as xuntos, acudimos á representación teatral feita polas familias da ANPA e participamos na "Festa Musical do Inverno" co resto de compañeiros/as do centro e coas nosas familias.

Foi un día xenial; desfrutade do Nadal e vémonos á volta!



SAÍDAS DIDÁCTICAS DECEMBRO: AUDITORIO E CORREOS

Nos últimos días do mes de decembro, o alumnado de 1º fixemos dúas saídas didácticas á contorna.

En primeiro lugar e despois de participar nun obradoiro previo celebrado no centro, asistimos ao Auditorio de Galicia para ver o espectáculo "Son, música e acción".

Durante outra xornada, visitamos tamén a oficina de Correos da Rúa do Franco, onde enviamos ás nosas familias unha postal de Nadal que elaboramos previamente na aula.

Pasámolo xenial!



24 dic 2018

INVENTOS E INVENTORES/AS

Na área de Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 1º traballamos os inventos e inventores/as. Deixámosvos un vídeo sobre Marie Curie e a invención do teléfono.



17 dic 2018

EDUCACIÓN VIARA COS AXENTES DE TRÁFICO DE 1º

Dende a área de Ciencias Sociais, o alumnado de 1º de educación primaria traballamos sobre a educación viaria.

A continuación, deixámosvos un vídeo no que vos explicamos as principais normas de circulación. Estade moi atentos/as, xa que respetalas é un deber que todos os cidadáns debemos cumprir para asegurar a seguridade de todos/as.


16 dic 2018

MUTANTES ALIENADOS II (RAQUEL FORNER)

Nos últimos días, o alumnado de 1º actualizamos o noso "Recanto da Arte".

Nesta ocasión, traballamos sobre a pintora arxentina Raquel Forner e sobre o seu cadro "Mutantes Alienados II".

A continuación, deixámosvos o resultado!


                                    


                                   




                                     

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

Durante os primeiros días do mes de decembro, o alumnado de 1º celebramos tamén a Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Coñecimos os principais aspectos do noso país e da nosa comunidade autónoma e elaboramos as súas bandeiras.





                                        

13 dic 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (LIP DUB LSE)


O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Esta é unha conmemoración moi importante, pois todos/as nós somos moi diversos e todos/as merecemos as mesmas oportunidades; o único no que somos iguais é en que todos/as somos diferentes!

Os nenos/as de 1º e 2º de educación primaria traballamos estes días sobre a diversidade e a inclusión, recordamos que no "mar" de 1º e 2º todos os "peixiños" somos diferentes, e decidimos facer un "lip dub" coa canción "Madre Tierra" de Chayanne en Lingua de Signos Española (LSE).

Esperamos que disfrutedes do vídeo tanto como nós facéndoo.





Por último, adxuntamos tamén algúns dos vídeos sobre os que traballamos na aula.












11 dic 2018

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (ANA FRANK)

O pasado 20 de novembro foi o Día Universal da Infancia e os alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria traballamos varios días sobre os dereitos dos nenos/as.

Coñecemos tamén a historia de Ana Frank, unha nena xudía, que durante a Segunda Guerra Mundial, tivo que esconderse durante máis de dous anos para escapar dos nazis. No seu escondite escribiu un diario, e coa súa publicación ao rematar a guerra, Ana e o seu diario fíxéronse mundialmente coñecidos.

Entre todos/as, fixemos un mural e grabamos un vídeo no que explicamos a súa historia. 

Agardamos que vos guste e que non haxa ningún neno/a no mundo ao que non se lle respeten os seus dereitos!


                                         


                            




3 dic 2018

ANIVERSARIO DE NOA R.

Hoxe en 1ºB celebramos o aniversario da nosa compañeira Noa R.! 

Pasámolo moi ben festexando todos/as xuntos.

Moitas grazas por compartilo con nós e agardamos que cumpras moitos moitos máis! 



26 nov 2018

1º E 2º DO CEIP DE VITE I CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa a calquera tipo de violencia machista e o noso desexo dun mundo no que a igualdade de xénero sexa 100% real; e para conseguir iso, debemos concienciarnos xa dende pequenos/as.

Deixámosvos parte do traballo realizado e algúns dos vídeos que visionamos na aula.

























24 nov 2018

S.O.S, SALVEMOS O PLANETA!

Dende as áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais e en relación co Proxecto que se está a desenvolver no centro "A contorna cousa nosa", o alumnado de 1º de educación primaria realizamos as seguintes actividades: xogo de reciclaxe, papeleiras de reciclaxe para a aula, tríptico de reciclaxe para enviar á casa, coidado das plantas do patio, colaboración coa "Patrulla verde" durante o recreo, colaboración no composteiro, realización dun estudo meteorolóxico semanal, construción dun cataventos con materiais reciclados, murais coas conclusións do estudo meteorolóxico e visita dos avós/as á aula para contarnos como era o tempo cando eles eran pequenos e como cambiou na actualidade e para reflexionar sobre o cambio climático.

Deixámosvos tamén un vídeo no que vos amosamos parte do traballo que realizamos e agardamos que nos axudedes a salvar o Planeta, pois o coidado do medio é cousa de todos/as!








13 nov 2018

A NOITE ESTRELADA (VICENT VAN GOGH)

Este curso, o alumnado de 1º estamos a desenvolver un proxecto de arte a través do cal traballamos varios cadros, así como os seus pintores/as.

En primeiro lugar, coñecemos os aspectos máis importantes da vida do pintor/a e, tras isto, cada neno/a elabora a súa propia representación do cadro. 

Por último, colocamos todo o traballo realizado no “Recanto da arte de 1º” que temos nun dos corredores.

Así mesmo, o primeiro cadro co que demos comezo ao proxecto foi “A noite estrelada” (1889) de Vicent van Gogh (1853-1890) e este foi o resultado final! 






Adxuntamos tamén o video da biografía de van Gogh.











9 nov 2018

ANIVERSARIO DE NOA P.

Hoxe cumpre anos a nosa compañeira Noa P. de 1ºB. 

Moitas grazas por compartilo con nós e agardamos que desfrutaras da celebración xunto aos teus compañeiros/as. 




8 nov 2018

UN FALCÓN NO COLE

Boas familias!

Hoxe o pai dun compañeiro de 2º trouxonos a sua mascota ao cole: un falcón!
Tivemos a sorte de facerlle preguntas e coñecemos moitas curiosidades acerca deste animais. Ata nos atrevemos a tocarlle!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.






6 nov 2018

PUZLES PARA O RECANTO DO XOGO

Dende a área de ciencias da natureza traballamos as partes do corpo e da cara e como tarefa final os nenos e nenas de 1º elaboramos dous puzzles para incorporar ao recanto do xogo da aula.

















5 nov 2018

QUE VER EN SANTIAGO

Estes días os nenos e nenas de 1ºA estivemos traballando duro para facer a tarefa final de ciencias sociais: un mural do que podemos visitar en Santiago.

Aprendemos moitas cousas interesantes sobre lugares que temos pretiño das nosas casas!



SAÍDA AO AUDITORIO 1ºA

Ola familias!

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 1ºA fomos ver unha obra de teatro ao auditorio.
Cando chegamos recibiunos a Gata con Zocos e con ela botamos unhas boas risas.

Pasámolo xenial!!




3 nov 2018

ATA SEMPRE, CARMEN E ABIGAÍL!

Tamén onte, os nenos e nenas de 1º despedímonos de Carmen e Abigaíl, dúas alumnas de Maxisterio en prácticas que estiveron con nós arredor dun mes. 

Moitas grazas ás dúas por axudarnos e implicarvos tanto.

Estamos seguros/as de que ides ser unhas mestras xeniais e agardamos impacientes que pronto nos veñades visitar de novo.


Moita sorte! 



2 nov 2018

SAMAÍN E MAGOSTO





Hoxe foi un día moi especial para o alumnado de 1º!

Nas primeiras sesións, celebramos o Samaín: escoitamos o conto "Un desastre de bruja" de Rocío Antón e Claudia Ranucci, elaboramos unhas caretas de caveiras mexicanas e cantamos e bailamos ao ritmo de cancións de Samaín. 

Despois da merenda, participamos nos Xogos do Magosto xunto ao resto de compañeiros/as do cole: "4 esquinas", "Diana xigante", "Rouba castañas", "Pasa Perico", "Soga tira", "Voltea as setas", "Lanzamento de aros", "Brilé", "Mariola", "A ra" e "Peóns". 

E, por último e en compañía das nosas familias, comemos as castañas asadas pola ANPA. 

Pasámolo xenial!

24 oct 2018

ÁRBORES XENEALÓXICAS

Dende a área de Ciencias Sociais, os alumnos/as de 1ºB estudamos as relacións de parentesco. 


Como tarefa final e coa colaboración das nosas familias, cada neno/a elaborou unha árbore xenealóxica na que aparecen os seus familiares máis achegados, para presentarlla ao resto de compañeiros/as e, tras isto, levala de volta á casa como agasallo para a familia. 



ANIVERSARIO DE LUCAS

Seguimos de celebración! 

Esta mañá celebramos o aniversario do noso compañeiro Lucas de 1ºB. 

Moitas grazas polos regaliños e esperamos que fora un día xenial para ti! 





19 oct 2018

ANIVERSARIO DE NAIARA

Hoxe celebramos na aula de 1ºB o aniversario da nosa compañeira Naiara; pasámolo xenial festexando todos/as xuntos.

Agardamos que o desfrutaras e que cumpras moitos moitos máis!

17 oct 2018

BENVIDOS/AS AO CURSO ACADÉMICO 2018/19!


Benvidos/as ao curso académico 2018/19.

Aquí vos presentamos ao alumnado de 1º de educación primaria deste ano.

                                                                           1ºA


                                                          1ºB


A través deste blogue, os nenos/as deste curso, amosaremos parte do noso traballo, para que poidades desfrutar del tanto coma nós.


Estade moi atentos/as, xa que moi pronto comezaremos a publicar as primeiras cousiñas.