19 dic 2014

O NADAL NOUTROS PAÍSES

Dende a clase de 2º, quero agradecer a información que uns papás e mamás nos facilitaron para explicarnos como se celebra O Nadal noutros países, se queredes sabelo ....





17 dic 2014

Descubrimento do Planeta PR1-M31-R0

O telescopio Hubble trouxo datos hai pouco do descubrimento dun novo exoplaneta orbitando ao redor da estrela azul V17E. 

Dende a Axencia de Cosmonáutica e Foguetismos do CEIP de Vite estamos preparando unha misión a ese planeta que, dende a UAI, foi nomeado como PR1-M31-R0
Sendo xa uns expertos en lanzamentos de foguete, gracias a prototipos coma os do Proxecto X, agora tocaba elexir á tripulación do foguete que viaxará aló.


Vista do Hubble do planeta
Recreación artística de PR1-M31-R0

                                                          












 
Como algúns sabedes o grupo de 1º  estamos supervisando a uns gazafellos moi especiais, e decidimos que aqueles que o vaian facendo mellor poderán ir na primeira viaxe a ese lonxano planeta.
Emblema da Misión de Exploración



Os Gazafellos están en pleno adestramento para poder viaxar polo espacio... precisarán moita preparación!



Imaxe do foguete que realizará a travesía dende Vite a novos e estranos mundos...

Seguiremos informando deste feito histórico en vindeiras entregas!

VAIA CARA!

Estas son as expresións que conseguimos facer coa nos a cara na clase de Ed. Física. Claro que tivemos axuda do Photo Booth.

11 dic 2014

O LAGARTO E O ESCARABELLO

Javier inventou un conto no que os protagonistas teñen algúns problemas coa súa vivenda. Moi bonito, Javi, e moi ben contado.

1 dic 2014

PREPARANDO O NADAL

Como ben saberedes  o Nadal está a volta da esquina, e con el chega a preparación dalgunha "cousiña" para o festival.
Os nenos e nenas de 2º imos intentar cantar unhas panxoliñas, que esperemos saian ben.
Aquí vos deixo o enlace para poder ir practicando.

O Cometido
A árbore de Nadal

27 nov 2014

O SOL E A NUBE

O martes foi o día elixido por Ainara para contar o conto aos seus compañeiros/as. Decidiu facelo coa axuda de Nahiara. Conseguiron un bo traballo que podedes ver no vídeo.

26 nov 2014

CONCERTOS DIDÁCTICOS: Real Filharmonía de Galicia

Os nenos e nenas de 1º e 2º asistimos hoxe o concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia onde o músico Rodrigo Romaní colabora  como narrador.

Asistimos a un concerto ca  particularidade de que as distintas pezas musicais foron narradas en forma de conto, para o que escoitamos a versión de “Las zapatillas rojas” que de este relato de Hans Christian Andersen fixo o escritor galego Francisco Castro, e que conta a historia dunha nena que ten unhas zapatillas máxicas e non pode parar de bailar. Rodrigo Romaní estivo acompañado pola filla do escritor, Naia, e xuntos acercaron os nenos este relato, que serviu para ilustrar as diferentes suites musicais.




22 nov 2014

SUPER PEPO

O mércores día 20 de novembro, e aproveitando que celebrábamos o día do neno, convertiámonos en Super heroes.Super Pepo ensinounos a gañar a os malvados Hada Ry Keza, Capitan Despilfarro, Petrolex, Justino,Doktor Pupas, Abe Cenutrio.


"HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR".

O xoves día 20, xunto cos compañeiros/as de 1º, visitamos Á EXPOSICIÓN "TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN" DA FUNDACIÓN ABANCA. 
Alí participamos NO OBRADOIRO "HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR" e coñecemos obras de grandes pintores como Picasso,Dalí, Miró e Kandinsky.





20 nov 2014

Grandes Mestres da Pintura

O xoves 20 visitamos no Centro Abanca da Praza de Cervantes a exposición de pintura xunto cos compañeiros de 2º. Alí, guiados por Vanessa, contáronnos moitas curiosidades de grandes mestres da pintura como Picasso, Dalí, Miró e Kandinski.



 

Pasámolo moi ben a aprendimos cousas novas!

7 nov 2014

O PROXECTO X (parte I)

Durante varios día o Departamento de I+D+I  do 1º curso do CEIP de Vite está a desenvolver o Proxecto X. A idea xorde da promoción e difusión do Día da Ciencia en Galego, un día co que queremos demostrar que o galego suma, a ciencia suma e, canto máis sumemos máis obtemos.

O Proxecto X comeza coma un dos experimentos que temos programados e que compartiremos co resto dos cursos. Os outros son o experimento da vela no vaso e o do gato hidráulico por medio de vasos comunicantes.

O Proxecto X precisa dun par de botellas, cartón, cinta americana e pintura plástica. Tamén precisaremos un bombín de aire. 

1.- Decoramos a botella coma un foguete, poñendo aletas e a metade doutra botella como morro.


1.1.- Pintamos entre todos, colaborando.



2.- Como non queremos que ninguén sufra danos, o teacher prepara un paracaídas para o foguete.


3.- O resultado final do Proxecto X vén sendo este:





3.1- O Proxecto "x" minúsculo.
Non hai fotos, pero preparouse un mini-foguete para os ensaios (na segunda parte aportaremos probas visuais).

4.- Pensamos na mecánica, a ver se a entendemos:

a) A botella está pechada polo corcho (ten un burato para un tubo, pero o aire non dá saído ao exterior).

b) Introducimos aire a presión por medio do tubo co bombín.

c) Chega un momento que salta o corcho e o foguete sae proxectado cara arriba.

d) Preguntámonos por que.

Pode ser que porque o bombín sopla moi forte (coma se o fixeramos coa boca), pero probando vemos que o Proxecto "x" case non alcanza altura dese xeito. Hai que meterlle máis aire.

A resposta chega pensando, e moitos se dan conta de que se entra tanto aire, e logo non dá saído, por algún lado terá que acabar saíndo; ese sitio será a boca da botella que, apuntando en dirección ao chan, fará que o corcho salte e expulsará todo o aire sobrante de golpe facendo, de paso, que o foguete cumpla (coma ben mandadiño que é) coa 3ª Lei de Newton e vencendo á gravidade por uns segundos.



5.- Posta en práctica, para demostrar a teoría.
Neste caso as profes Carmela e Esperanza proveeron ao departamento de I+D+I dun inflador eléctrico que permitiu máis control no experimento. Debemos dicir que a proba con aire comprimido foi un éxito no interior da aula. Fixéronse logo máis probas na planta baixa do colexio, onde hai máis espazo vertical, que deron resultados moi positivos cun foguete máis pequeno construido para os ensaios.

Foi despois cando o departamento decidiu usar, aparte do aire comprimido, un combustible líquido para propulsar o foguete, o monóxido de dihidróxeno, para darlle máis reprís.

Recoñecendo que é un composto que pode carrexar certa peligrosidade, o manipulamos con coidado como verdadeiros enxeñeiros.



Continuará...

SERES MITOLÓXICOS

Aquí  déixovos o video da nosa presentación dos Seres Mitolóxicos na Biblioteca Anxel Casal, aínda que estaban un pouquiño nerviosos fixérono fenomenal.
É unha pena que o son non sexa moi bo . Disfrutade dos vosos pequenos artistas!!!

5 nov 2014

A Casa do Avó

O luns día 3 de Novembro asistimos a Sgae para ver a obra A Casa do Avó, representada por Tanxarina Títeres.




Pasámolo fenomenal, aínda que nos mollamos un pouquiño........

4 nov 2014

NOSA - O AVÓ SEN CASA

Hoxe foi o turno de Nosa, que demostrou expresarse moi ben na lingua galega. Parabéns Nosa!

II MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL. BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

O xoves día 6 participaremos no II Maratón de tradición oral. Para elo, estivemos traballando e preparando a nosa exposición, que como xa saberedes é sobre os Seres Mitolóxicos. Aquí vos deixo unha mostra de todo o que preparamos e que neste momento está exposto na Biblioteca Ánxel Casal.
Esperemos que todo nos saia ben e que vos guste!! e si queredes compartilo con nos, podedes vernos en directo o día 6 ás 10:00 h.

Ra, Ra, Ra

Acabamos de chegar do teatro, de disfrutar dunha fermosa obra que nos contou, con dous presentadores moi graciosos e dúas ras moi valentes, que non todas as cousas que pensamos que asustan dan medo, e que case todo o que tememos non son se non sombras e malentendidos.








3 nov 2014

Somos compañeiros

Sempre que voltamos do recreo temos un pequeno momento adicado a unha das afección máis fermosas, entretidas e completas que podemos ter na vida: a lectura. 

Moitas veces lemos para nós, de xeito individual, entrando en aventuras noutros mundos con intrepidez e ledicia, buscando secretos ocultos que só obtemos ao chegar ás últimas páxinas dun relato.

Outras veces lemos aos compañeiros, coma contacontos cun pequeno público ao que ilustrar cunha historia. E, nesas veces, axudamos aos compañeiros a entender esas historias e a compartilas con nós. A iso se lle chama "ir de aventuras xuntos".

O compañeiro Maryo léndolle (facéndolle vivir, máis ben)
ao compañeiro Matías un conto

Porque os de primeiro seremos moitas cousas; pero antes de todo, somos compañeiros. Compañeiros que comparten a lectura.

"Os libros son maxia portátil"
-Stephen King 

1 nov 2014

Lichtensteiños!

Como dixemos anteriormente, o outro día tocounos ser Roy Lichtenstein por un día. Aprendimos que era un artista moi importante ao que lle gustaban os cómics e as imaxes impactantes, como a nós!


31 oct 2014

A FUXIDA DO MCDONALDS - MARCOS

Marcos inventou este divertido conto, que fixo rir a todos os compañeiros e compañeiras. Parabéns pola túa creatividade!

27 oct 2014

Warholiños por un día

María, a profe que está aprendendo para ser profe, tróuxonos un proxecto moi interesante que imos seguir: Arte na Escola... neste caso Arte Pop.


 
E quen mellor para aprender algo de Pop Art que o grande Andy Warhol... e, claro, ser nós mesmos warholiños por un día.

E, despois, seguiremos co mitiquísimo Roy Lichtenstein!