Durante varios día o Departamento de I+D+I do 1º curso do CEIP de Vite está a desenvolver o Proxecto X. A idea xorde da promoción e difusión do Día da Ciencia en Galego, un día co que queremos demostrar que o galego suma, a ciencia suma e, canto máis sumemos máis obtemos.
O Proxecto X comeza coma un dos experimentos que temos programados e que compartiremos co resto dos cursos. Os outros son o experimento da vela no vaso e o do gato hidráulico por medio de vasos comunicantes.
O Proxecto X precisa dun par de botellas, cartón, cinta americana e pintura plástica. Tamén precisaremos un bombín de aire.
1.- Decoramos a botella coma un foguete, poñendo aletas e a metade doutra botella como morro.
1.1.- Pintamos entre todos, colaborando.
2.- Como non queremos que ninguén sufra danos, o teacher prepara un paracaídas para o foguete.
3.1- O Proxecto "x" minúsculo.
Non hai fotos, pero preparouse un mini-foguete para os ensaios (na segunda parte aportaremos probas visuais).
4.- Pensamos na mecánica, a ver se a entendemos:
a) A botella está pechada polo corcho (ten un burato para un tubo, pero o aire non dá saído ao exterior).
b) Introducimos aire a presión por medio do tubo co bombín.
c) Chega un momento que salta o corcho e o foguete sae proxectado cara arriba.
d) Preguntámonos por que.
Pode ser que porque o bombín sopla moi forte (coma se o fixeramos coa boca), pero probando vemos que o Proxecto "x" case non alcanza altura dese xeito. Hai que meterlle máis aire.
A resposta chega pensando, e moitos se dan conta de que se entra tanto aire, e logo non dá saído, por algún lado terá que acabar saíndo; ese sitio será a boca da botella que, apuntando en dirección ao chan, fará que o corcho salte e expulsará todo o aire sobrante de golpe facendo, de paso, que o foguete cumpla (coma ben mandadiño que é) coa 3ª Lei de Newton e vencendo á gravidade por uns segundos.
5.- Posta en práctica, para demostrar a teoría.
Neste caso as profes Carmela e Esperanza proveeron ao departamento de I+D+I dun inflador eléctrico que permitiu máis control no experimento. Debemos dicir que a proba con aire comprimido foi un éxito no interior da aula. Fixéronse logo máis probas na planta baixa do colexio, onde hai máis espazo vertical, que deron resultados moi positivos cun foguete máis pequeno construido para os ensaios.
Foi despois cando o departamento decidiu usar, aparte do aire comprimido, un combustible líquido para propulsar o foguete, o monóxido de dihidróxeno, para darlle máis reprís.
Recoñecendo que é un composto que pode carrexar certa peligrosidade, o manipulamos con coidado como verdadeiros enxeñeiros.
Continuará...
Moi interesante! Estou desexando ver a 2ª parte. Parabéns pequenos científicos!
ResponderEliminar