3 nov 2014

Somos compañeiros

Sempre que voltamos do recreo temos un pequeno momento adicado a unha das afección máis fermosas, entretidas e completas que podemos ter na vida: a lectura. 

Moitas veces lemos para nós, de xeito individual, entrando en aventuras noutros mundos con intrepidez e ledicia, buscando secretos ocultos que só obtemos ao chegar ás últimas páxinas dun relato.

Outras veces lemos aos compañeiros, coma contacontos cun pequeno público ao que ilustrar cunha historia. E, nesas veces, axudamos aos compañeiros a entender esas historias e a compartilas con nós. A iso se lle chama "ir de aventuras xuntos".

O compañeiro Maryo léndolle (facéndolle vivir, máis ben)
ao compañeiro Matías un conto

Porque os de primeiro seremos moitas cousas; pero antes de todo, somos compañeiros. Compañeiros que comparten a lectura.

"Os libros son maxia portátil"
-Stephen King 

2 comentarios:

  1. Pois a lectura compartida, nesas idades o doble de máxica. Moi bonita experiencia.

    ResponderEliminar