18 jun 2015

Excursión de Fin de Curso

Dadas as limitacións coas que contamos no centro ao final tivemos que optar por non viaxar cos compañeiros de Infantil e de 2º de Primaria a Campo Lameiro e decidimos viaxar pola mellor cidade do mundo: Compostela.

Saímos cos amigos de 3º, que ían de visita guiada por Mari, a mamá de Chano e Xoel. Unha vez no Obradoiro tiñamos unha Quest que cumplir: resolver uns acertixos para poder seguir avanzando pola cidade, sendo o primeiro "Nesta praza tan soleada, hai que atopar dúas espadas". Polo visto non podían ser de metal, a as dúas de pedra que había víunas Maxim no Pazo de San Xerome. Visitamos logo o Pazo de Fonseca, buscando "letras vermellas cerca das tellas" e aprendimos que é Alonso III de Fonseca, e "cabalos, non sei se bos ou malos" nas Praterías. Na rúa do Vilar o acertixo dicía "Sen baixar o pantalón nin decir nin mú, hai que ter un dedo metido no cú"... que difícil! Ao final resolveuno Iago sen se manchar as mans (menos mal).
Toural, Orfas, varias probas. E chegamos a Mazarelos, co arco medieval e outro acertixo: "Nesta praza seca e sen fonte, hai polo menos un peixe (que eu conte)"... Esta vez foi María que atopou ao peixe agochado de Mazarelos.

Paseamos pola praza de Abastos despois de visitar ao Reis Magos, e mercamos froita para quen quixo (plátanos, cereixas e mazás), e merendamos en Cervantes. Paseo pola rúa Travesa e "neste paso estreitiño hai que ver un paxariño", que Maryo atopou se dificultade.

Descansamos no parque de San Roque (cunha mini-visita á Gardaría da Galiña Azul) e logo, seguindo sempre o mapa, baixamos por Coímbra e ruta directa polo Burgo das Nacións cara o CEIP de Vite.
Aí van as poucas fotos que puidemos sacar. Hai algunha imaxe máis no blog dos Marabillosos Laretas!








6 comentarios:

  1. Que magnífica idea esta saída excursión tan didáctica. Parabéns para o teacher Pablo. Tamén para os peques que o fixeron moi ben e portáronse aínda mellor!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que as saídas e excursións poden ser moi divertidas, pero o serán aínda máis se podemos aprender cousas novas xogando! Grazas, Carmela!

      Eliminar
  2. A verdade que se poden facer cousas moi interesantes aproveitando o que temos arredor. E è moi importante coñecer a nosa cidade.
    n
    Noraboa teacher

    ResponderEliminar
  3. A verdade que se poden facer cousas moi interesantes aproveitando o que temos arredor. E è moi importante coñecer a nosa cidade.
    n
    Noraboa teacher

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E dúas veces se fai falla, se non queda claro á primeira xD
      Á próxima imos xuntos!

      Eliminar