Acompañados de Cristina, a profe de Audición e Linguaxe visitamos o parque da Alameda. Tivemos moita sorte, xa que os días anteriores estivo chovendo (incluso nevando) e o venres fixo un día soleado e ata caluroso.
A visita ao parque deu moito de si, collemos pequeñas piñas, flores, bebemos nas fontes, examinamos os estanques, vimos o pombal...
Da gusto velos disfrutando pero... non arrasarían cos flores todas eses santiños, non?
ResponderEliminarA verdade e que as margaridas sufriron un pouquiño, pero nada que a primavera non poida arreglar.
Eliminar