26 nov 2018

1º E 2º DO CEIP DE VITE I CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa a calquera tipo de violencia machista e o noso desexo dun mundo no que a igualdade de xénero sexa 100% real; e para conseguir iso, debemos concienciarnos xa dende pequenos/as.

Deixámosvos parte do traballo realizado e algúns dos vídeos que visionamos na aula.

























24 nov 2018

S.O.S, SALVEMOS O PLANETA!

Dende as áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais e en relación co Proxecto que se está a desenvolver no centro "A contorna cousa nosa", o alumnado de 1º de educación primaria realizamos as seguintes actividades: xogo de reciclaxe, papeleiras de reciclaxe para a aula, tríptico de reciclaxe para enviar á casa, coidado das plantas do patio, colaboración coa "Patrulla verde" durante o recreo, colaboración no composteiro, realización dun estudo meteorolóxico semanal, construción dun cataventos con materiais reciclados, murais coas conclusións do estudo meteorolóxico e visita dos avós/as á aula para contarnos como era o tempo cando eles eran pequenos e como cambiou na actualidade e para reflexionar sobre o cambio climático.

Deixámosvos tamén un vídeo no que vos amosamos parte do traballo que realizamos e agardamos que nos axudedes a salvar o Planeta, pois o coidado do medio é cousa de todos/as!








13 nov 2018

A NOITE ESTRELADA (VICENT VAN GOGH)

Este curso, o alumnado de 1º estamos a desenvolver un proxecto de arte a través do cal traballamos varios cadros, así como os seus pintores/as.

En primeiro lugar, coñecemos os aspectos máis importantes da vida do pintor/a e, tras isto, cada neno/a elabora a súa propia representación do cadro. 

Por último, colocamos todo o traballo realizado no “Recanto da arte de 1º” que temos nun dos corredores.

Así mesmo, o primeiro cadro co que demos comezo ao proxecto foi “A noite estrelada” (1889) de Vicent van Gogh (1853-1890) e este foi o resultado final! 






Adxuntamos tamén o video da biografía de van Gogh.











9 nov 2018

ANIVERSARIO DE NOA P.

Hoxe cumpre anos a nosa compañeira Noa P. de 1ºB. 

Moitas grazas por compartilo con nós e agardamos que desfrutaras da celebración xunto aos teus compañeiros/as. 




8 nov 2018

UN FALCÓN NO COLE

Boas familias!

Hoxe o pai dun compañeiro de 2º trouxonos a sua mascota ao cole: un falcón!
Tivemos a sorte de facerlle preguntas e coñecemos moitas curiosidades acerca deste animais. Ata nos atrevemos a tocarlle!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.






6 nov 2018

PUZLES PARA O RECANTO DO XOGO

Dende a área de ciencias da natureza traballamos as partes do corpo e da cara e como tarefa final os nenos e nenas de 1º elaboramos dous puzzles para incorporar ao recanto do xogo da aula.

















5 nov 2018

QUE VER EN SANTIAGO

Estes días os nenos e nenas de 1ºA estivemos traballando duro para facer a tarefa final de ciencias sociais: un mural do que podemos visitar en Santiago.

Aprendemos moitas cousas interesantes sobre lugares que temos pretiño das nosas casas!



SAÍDA AO AUDITORIO 1ºA

Ola familias!

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 1ºA fomos ver unha obra de teatro ao auditorio.
Cando chegamos recibiunos a Gata con Zocos e con ela botamos unhas boas risas.

Pasámolo xenial!!




3 nov 2018

ATA SEMPRE, CARMEN E ABIGAÍL!

Tamén onte, os nenos e nenas de 1º despedímonos de Carmen e Abigaíl, dúas alumnas de Maxisterio en prácticas que estiveron con nós arredor dun mes. 

Moitas grazas ás dúas por axudarnos e implicarvos tanto.

Estamos seguros/as de que ides ser unhas mestras xeniais e agardamos impacientes que pronto nos veñades visitar de novo.


Moita sorte! 



2 nov 2018

SAMAÍN E MAGOSTO





Hoxe foi un día moi especial para o alumnado de 1º!

Nas primeiras sesións, celebramos o Samaín: escoitamos o conto "Un desastre de bruja" de Rocío Antón e Claudia Ranucci, elaboramos unhas caretas de caveiras mexicanas e cantamos e bailamos ao ritmo de cancións de Samaín. 

Despois da merenda, participamos nos Xogos do Magosto xunto ao resto de compañeiros/as do cole: "4 esquinas", "Diana xigante", "Rouba castañas", "Pasa Perico", "Soga tira", "Voltea as setas", "Lanzamento de aros", "Brilé", "Mariola", "A ra" e "Peóns". 

E, por último e en compañía das nosas familias, comemos as castañas asadas pola ANPA. 

Pasámolo xenial!