Este curso, o alumnado de 1º estamos a desenvolver un proxecto de arte a través do cal traballamos varios cadros, así como os seus pintores/as.
En primeiro lugar, coñecemos os aspectos máis importantes da vida do pintor/a e, tras isto, cada neno/a elabora a súa propia representación do cadro.
Por último, colocamos todo o traballo realizado no “Recanto da arte de 1º” que temos nun dos corredores.
Así mesmo, o primeiro cadro co que demos comezo ao proxecto foi “A noite estrelada” (1889) de Vicent van Gogh (1853-1890) e este foi o resultado final!
Adxuntamos tamén o video da biografía de van Gogh.
No hay comentarios:
Publicar un comentario