Actividades
música 1º. Semana do 16 ao 20 de marzo.
1.- Recordamos a
canción deste trimestre? Invitade á familia a cantar e a bailar para que a
aprendan: https://www.youtube.com/watch?v=GCltbbXolVQ
2.- Imos recordar o
concepto forte- suave. Para iso recordarmos a canción “Yo tengo una casita” https://www.youtube.com/watch?v=6Tzwa5aVD4g
3.- No seguinte
video faremos un ditado de forte-suave. Só necesitamos unha pintura vermella e
outra azul.
4.- Agora imos
tocar un pouco. Xa sei que na casa non temos os instrumentos do cole, pero
seguro que podemos atopar algo que soe parecido a un triángulo e a unha caixa
chinesa (por exemplo un vaso cunha culler de metal e un morteiro)
5.- Por último, a
moverse un pouco!!! Imos saltar como canguros: https://www.youtube.com/watch?v=v3Yw0bORcPU
No hay comentarios:
Publicar un comentario