Ola a todos e todas!
Para non perder o ritmo e seguir
traballando un pouquiño, déixovos algunhas actividades para realizar:
Ciencias da Natureza
Exercicio 1
Enlace cun vídeo sobre o ciclo da
auga: https://www.youtube.com/watch?v=3QVj99UGk3Q
Despois de ver o vídeo, respondede
as seguintes cuestións:
1. Cales son as fases do ciclo da
auga?
2. Saberías explicar por que se lle
chama "Ciclo" (da auga)?
3. Fai un debuxo que explique o
proceso completo.
Exercicio 2
Fichas descargables
Exercicio 3
Aburridos e aburridas? Aquí vos deixo un xogo interactivo, a modo de repaso, sobre os animais vertebrados e invertebrados: https://www.cerebriti.com/juegos-de-ciencias/animales-vertebrados-e-invertebrados-4--
Exercicio 4
Boas noticias para a creatividade e imaxinación! Para hoxe tamén vos propoño que inventedes unha pequena historia sobre un animal que viva no ecosistema acuático. Lembrade todos os que vimos na aula e tratade de ser orixinais. E como é para a área de lingua galega e literatura, tratade de escribir en galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario