17 mar 2020

Lingua Galega e Literatura 2A

Ola!
Para facilitarvos o traballo,  aquí irei colgando as tarefas  para realizar na área de Lingua Galega e literatura. Mirade periodicamente esta entrada, teredes as actividades clasificadas nas distintas datas en que as vou subindo.

17/03/2020

Un pouco de gramática. Ánimo!





18/03/2020


Bo día! Espero que esteades levando ben estes días na casa. Hoxe propóñovos unha actividade parecida as que xa fixemos na aula, baseada no traballo de autores como Gianni Rodari. O que teredes que facer será crear un conto, seguindo unhas plantillas que vos deixo a continuación. Estou segura de que van a saír historias diferentes e moi interesantes. Papás e mamás, animádevos a escribir vos tamén!








ALGUNHA PROPOSTA QUE SE PODERÍA FACER A PARTIR DA LECTURA DE CONTOS, ADEMAIS DE GOZAR SO COA LECTURA

Ler contos, falar sobre eles, da relación entre o texto e a ilustración e realizar tarefas a partir deles e, aquí é importante escoitar as ideas d@ teu/túa fill@:

 -- Quen é o protagonista, como é, que lle pasa,... 

Pode debuxar o/-s protagonista/-s e escribir o seu nome. Neste momento é importante pronunciar o nome do protagonista con claridade para que @ nen@ o escriba, segundo o nivel lectoescritor no que se atope (pode trazar con círculos, con raias, por as letras que el coñece, so as vogais,...) e vos escribides debaixo da súa escrita o nome correctamente, valorando sempre o esforzo que fai @ nen@.

 -- Podedes xogar a cambiar o final do conto empregando o binomio fantástico de Gianni Rodari "que pasaría si...", creando así novas historias.

 -- Podedes introducir nun conto, personaxes doutros, creando novas historias (incluso o adulto ou irmáns maiores poden escribir esta nova historia, para recoller e poder volver lela ou gravalo) -- Mirar contos ou albums ilustrados que teñen so ilustracións e xogar a inventarlle unha historia (que tamén podedes recoller, reler e modificar as veces que @ nen@ desexe ata que lle guste como queda o conto final)

 -- Propoñer dúas ou tres palabras (animais, obxectos, cores, formas,...) e inventar historias a partir delas.

 -- Facer fincapé nos inicios e finais dos contos lidos durante estes días e analizar se todos comezan e finalizan igual. 

HORA DE LER 

Busca unha adiviña (mellor en galego) e grava un vídeo para mandárnolo. Non nos digas a solución. Se non queres gravar o vídeo tamén nos podes mandar un audio ou unha foto dela escrita (ou as dúas cousas). Se pos en Google "adiviñas en galego" seguro que atoparás algunha, tamén podes preguntarlle a algún familiar ou mirala nalgún libro que teñas na casa. Se despois, ademais de buscar unha, decides inventar ti outra estaremos desexando vela. 

RECORDA QUE O CORREO PARA ENVIARNOS AS ACTIVIDADES É: 
segundoAvite@gmail.com

20/03/2020

Para hoxe e os vindeiros días propóñovos facer de cociñeiros e cociñeiras. Para iso teredes que elaborar unha receita, que pode ser do que comades hoxe ou doutra comida que vos apeteza. Ademais anímovos a que participedes na elaboración e practiquedes así cos quilos, os gramos...(interdisciplinariedade coa área de matemáticas) e axudedes as vosas familias a preparar o xantar. Despois escribídea a man, nun Word ou gravade un vídeo e mandade o resultado ao correo:

 segundoAvite@gmail.com

Aquí vos deixo unhas pautas que atopei  para a redación. Estamos desexando vervos como expertos cociñeiros e cociñeiras.








HORA DE LER

Le o libro favorito que teñas na casa. Escribe nunha folla o título, autor/a, o ilustrador/a e a editorial e fai un debuxo do protagonista. Despois podes gravar un audio lendo este libro e mandárnolo ao correo electrónico de sempre.

PARA TRABALLAR AS DESCRICIÓNS

A través do enlace que tedes a continuación, podedes acceder a unhas fichas para facer descricións que me pareceron moi interesantes. Anímovos a empregalas e a que fagades a descrición sobre alguén que vos apeteza (familiar, amigo, personaxe dun conto...).

https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2013/04/ESQUEMA-DESCRIPCI%c3%93N-DE-PERSONAS-.pdf

23/03/2020


HORA DE LER
 O día 21 de marzo foi o DÍA DA POESÍA. Mira pola casa a ver se tes algún libro de poemas, busca un en Google, por exemplo, de Gloria Fuertes ou de clásicos como Rosalía de Castro...Podes envialo nun audio, escrito ou gravar un vídeo. Se sabes e podes ata lle podes poñer música de fondo para que quede máis bonita a lectura.


FICHAS 




25/03/2020

HORA DE LER

Hoxe traballaremos un texto un pouco diferente, os REFRÁNS. Buscade un en galego na web. Tamén lle podedes preguntar a un maior a ver se sabe algún. Despois escrbídeo nunha folla e poñede, coas vosas palabras, o que significa. Podedes gravalo en audio ou en vídeo coma sempre.
Para mañá dan bo día pero recordade que "Marzo, marzolo, trebón e raiolo".

E para os mais artistas aquí deixamos un vídeo para practicar a técnica do puntillismo coas cores primarias. Mirade que bonito queda, quen se anima?



FICHAS PARA HOXE...





27/03/2020

Actividade: Emails futuristas

Ola!
Xa estamos rematando outra semana, esperamos que as vosas enerxías non se esgoten.
Hoxe plantexamos unha proposta diferente, trátase de que nos enviedes un correo electrónico que nos vai a chegar no futuro. Neste correo teredes que poñer os vosos desexos e inquedanzas a día de hoxe , a ver se para cando veña de volta xa se arranxaron as preocupacións que temos.
Utilizaremos a seguinte ferramenta: https://www.futureme.org/

Cando teñades que introducir a data na que queredes que chegue o correo, poñeredes a seguinte: 10 de xuño de 2020. Ese día recibiremos todos os correos.
Animádevos a participar!

FICHA



HORA DE LER

 Se picades AQUÍ ou AQUÍ descubriredes dous cómics que seguro que vos gustan. Fixádevos nas viñetas, nos bocadillos, nas cartelas e cartuchos, nas cores, nas onomatopeas... Pero sobre todas as cousas desfrutade da lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario