31 ene 2019

IMAXINA (DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ)

Onte, 30 de xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Aínda que a paz, a tolerancia e o respecto son valores que debemos practicar todos os días, para celebrar esta conmemoración, as alumnas e os alumnos de 1º e 2º de educación primaria quixemos preparar un vídeo e unha cadea de pombas da paz, coa canción "Imagine" de John Lennon (un auténtico himno de paz).

Agardamos que vos guste e que tamén vós, practiquedes a paz diariamente.




28 ene 2019

LIÑAS DO TEMPO

Nesta unidade de ciencias sociais os alumnos e alumnas de 1º estivemos traballando o paso do tempo. Como tarefa final cada aula elaborou unha liña do tempo do grupo - clase.





24 ene 2019

OBRADOIRO GRUPO TEATRAL BAOBAB 1ºB

Na xornada de onte, os alumnos/as de 1ºB tivemos a oportunidade de participar nun Obradoiro realizado no centro, por parte do Grupo Teatral Baobab.

O devandito Obradoiro celebrouse como actividade final da obra "Martes" (do mesmo grupo teatral), que vimos días atrás no Teatro Principal.

A actividade foi un éxito, pois desfrutamos moito coñecendo as personaxes e técnicas teatrais máis en profundidade.












20 ene 2019

XOGOS TRADICIONAIS

O pasado xoves, o alumnado do CEIP de Vite I tivemos a oportunidade de participar nunha xornada moi diferente. Nela, todos os nenos/as do colexio puidemos xogar con xogos tradicionais.

Desfrutamos moito!









14 ene 2019

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL

Hoxe fomos cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Educación Infantil ver a obra de teatro "Martes" ao Teatro Principal.
Encantounos a obra e pasámolo xenial!!







9 ene 2019

ANIVERSARIO DE RUBÉN, YANG E DANIEL

Hoxe foi un día triplemente especial na aula de 1ºB, pois celebramos os aniversarios de tres dos nosos compañeiros: Rubén, Yang e Daniel.

Pasámolo moi ben todos xuntos, xa que tiñamos moitas ganas de vernos despois das vacacións de Nadal.

Moitas grazas polos regaliños e que cumprades moitos máis!