28 nov 2012

Aquí vive un monstruo

Continuamos ca actividade Eu digo si, eu digo non. Se non tivestes a oportunidade de pasar pola Praza do Obradoiro a ver as siluetas colgadas, aquí vos deixo un enlace directo a unhas fotografías que se publicaron na páxina web de La voz de Galicia.


Vídeo (fixádevos como corretean por ahí os pequerrechiños de 5 anos)

Hoxe fixemos a segunda parte da actividade na que dúas rapazas nos contaron un conto relacionado ca violencia de xénero, titulado Aquí vive un Monstruo. Mirade con que cariña de interesados o escoitábamos:







21 nov 2012

Taller de igualdade

Hoxe foi un día un pouco especial, xa que na última hora de clase asistimos a un taller de igualdade.
Primeiro explicáronnos un pouquiño o que era a igualdade e o maltrato e despois baixamos ao salón de actos para facer as siluetas. Tratábase de facer a silueta do noso corpo e unha vez recortada, escribir na parte branca cousas boas das relacións entre as persoas e na parte negra cosas malas.
Na parte branca escribimos cousas como: abrazarse, darse bicos, ser amigos, xogar...
E na parte negra escribimos: pelexarse, rifar, portarse mal...
Estas siluetas estarán colgadas dende o xoves 22 de novembro ata o domingo 25 de novembro na Praza do Obradoiro. Así que se vos apetece poderes pasar velas. Aquí van algunhas imaxes da actividade.







18 nov 2012

Traballando en plástica

Non pensaríades que os únicos nenos traballadores son os de 1º? Aquí tedes a proba de que os nenos de 2º tamén traballan moi duramente.






13 nov 2012

Recunchos da provincia de Lugo

Manuel foi de excursión e quixo compartir con nos algunhas das súas fotos:

Campo de cabazas cerca de Guitiriz.
E ao lado do campo de cabazas atoparon esta seta.
Ñandú e cabras enanas en Rábade.
Mosteiro de Samos
Palloza no Cebreiro.
Rúa no Cebreiro.
Lémbrovos que se tedes calquera cousa que vos parezca interesante mostrarnos estaremos encantados de recibilo. Soamente tendes que enviarme unha mensaxe ao correo anacastosa@gmail.com ou mandarme unha nota polos nen@s.

9 nov 2012

Magosto e día do peón

Hoxe foi un día de moitas emocións posto que celebramos o magosto, o día do peón e o noso particular Samaín. Corremos, xogamos, bailamos os peóns, comemos castañas...
Mirade que ben o pasamos:






Ademáis fíxose un sorteo no que resultou gañadora Kelly e este foi o seu premio:


Non podemos rematar esta entrada, sen agradecer a participación de todos os papás, mamás e familiares que fixeron un oco na súa axenda para vir a pasar un ratiño con nos. MOITAS GRAZAS A TODOS!

8 nov 2012

Última remesada de peóns

E aquí están os últimos peóns, preparadiños para mañá.



Recórdovos que mañá venres apartir das 12:30 celebraremos no colexio o magosto e o día do peón. Todo aquel que queira vir está convidado.