21 nov 2012

Taller de igualdade

Hoxe foi un día un pouco especial, xa que na última hora de clase asistimos a un taller de igualdade.
Primeiro explicáronnos un pouquiño o que era a igualdade e o maltrato e despois baixamos ao salón de actos para facer as siluetas. Tratábase de facer a silueta do noso corpo e unha vez recortada, escribir na parte branca cousas boas das relacións entre as persoas e na parte negra cosas malas.
Na parte branca escribimos cousas como: abrazarse, darse bicos, ser amigos, xogar...
E na parte negra escribimos: pelexarse, rifar, portarse mal...
Estas siluetas estarán colgadas dende o xoves 22 de novembro ata o domingo 25 de novembro na Praza do Obradoiro. Así que se vos apetece poderes pasar velas. Aquí van algunhas imaxes da actividade.







No hay comentarios:

Publicar un comentario