29 abr 2015

Hora de Ler moi diversa

 Catro compis no ordenador lendo un libro-xogo en PDF (novidade de hoxe), e o resto facendo lectura individual ou con axuda (un levanta a man para que o bibliotecario lle cambie o libro)

Tres máis compartindo lectura con imaxes e textos sinxelos

 Os do libro-xogo non chegan a un acordo sobre se pasan á páxina esta ou á páxina aquela
así que deciden resolver xogando a "pedra-papel-tesoira"... Ui! Papel gaña a Pedra!

 ... o "perdedor" asume a decisión do "gañador" con deportividade e un sorriso. 

Sempre así un ratiño despois do recreo. E na casa, TAMÉN.

"Un fogar sen libros é coma un corpo sen alma"
Marco Tulio Cicerón

Cartaz para o fomento do Galego

Aí vai a nosa obra mestra!


Planificado, deseñado e realizado polo alumnado de primeiro.

27 abr 2015

Kalandraka en Sargadelos

O pasado xoves 23 de abril (Día do Libro) puidemos asistir a un contacontos na Galería Sargadelos da Rúa Nova.
Foi un paseo agradable con sol incluído (e mira que pensabamos que ía chover). Ao chegar disfrutamos dos contos Ícaro, O Patiño Feo e Orellas de Bolboreta, contados por Patricia e acompañados polo acordeón de Álex



Preguntádenos que tal o pasamos e vos contaremos máis!

21 abr 2015

Hora de ler diferente

Durante parte da semana pasada e a actual estivemos facendo unha hora de ler diferente.

Puxémonos no pelexo de Brion de Brookmere, fillo do rei elfo Cedrus. Brion é un príncipe elfo que volta ao Reino Perdido de Brookmere para tentar reconquistalo.


O libro que limos entre todos foi Retorno a Brookmere, un "libro-xogo" escrito por Rose Estes alá polo 1982 e publicado en España no 1985. Este tipo de libros saben enganchar moi ben ao lector, e dímonos conta de que un só libro pode dar paras moitas historias. En catro xornadas lectoras fumos quen de levar a Brion pola tristes ruinas de Brookmere coma un espía disfrazado, descobrer aos malvados que alí viven e reunir información para voltar xunto a Cedrus e informar para planear a reconquista. Polo medio loitamos con lobos cavernícolas, gnolls e mesmo con cubos de xelatina xigantes! E decidindo entre todos os camiños que seguiría Brion: atacar? fuxir? o camiño da dereita ou o da esquerda?

Agora son moi difíciles de atopar, pero estes libros serviron de iniciación á lectura a moita xente. Se hai algún por casa, xa sabedes: a compartir a lectura e as escollas do protagonista!