Durante parte da semana pasada e a actual estivemos facendo unha hora de ler diferente.
O libro que limos entre todos foi Retorno a Brookmere, un "libro-xogo" escrito por Rose Estes alá polo 1982 e publicado en España no 1985. Este tipo de libros saben enganchar moi ben ao lector, e dímonos conta de que un só libro pode dar paras moitas historias. En catro xornadas lectoras fumos quen de levar a Brion pola tristes ruinas de Brookmere coma un espía disfrazado, descobrer aos malvados que alí viven e reunir información para voltar xunto a Cedrus e informar para planear a reconquista. Polo medio loitamos con lobos cavernícolas, gnolls e mesmo con cubos de xelatina xigantes! E decidindo entre todos os camiños que seguiría Brion: atacar? fuxir? o camiño da dereita ou o da esquerda?
Agora son moi difíciles de atopar, pero estes libros serviron de iniciación á lectura a moita xente. Se hai algún por casa, xa sabedes: a compartir a lectura e as escollas do protagonista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario