Lugares que nos gustan
26 jun 2016
A CAMIÑO DE VISEU
O alumnado de 1º (A e B) presentaron este xogo musical no festival de fin de curso - Letras Galegas. Publico aquí os momentos en que case todos os presentes bailaron/ xogaron xuntos/as. Unha auténtica marabilla!
22 jun 2016
12 jun 2016
EXCURSIÓN A POBO AVENTURA 10-06-16
Acaba o cole e os nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º de Primaria fómonos de excursión !!!!!
Ola familias!!!
Mirade unha pequena mostra do ben que o pasamos. Un dez para todos os nenos e nenas de Infantil 5 anos e 1º que se portaron fenomenal.Felices Vacacións e vémonos a volta!
6 jun 2016
Visita a Lavacolla (2º)
O pasado luns 6 de xuño visitamos por sorpresa o Aeródromo Militar de Lavacolla. Coa mochila lista montamos no bus e chegamos a un lugar que non todo o mundo pode ver, xa que non está a berto ao público.
Unha vez chegamos coñecimos a varios militares que alí traballan, e mesmo había chicas, como Lorena! E algunhas con pistola! Contáronnos que alí as mulleres traballan igual e teñen os mesmos deberes que os homes, e tamén os mesmos dereitos.
Puidemos ver unha avioneta, e entrar dentro e ver como, movendo os mandos, se movían os aleróns. Logo recibimos a visita dos bombeiros, que nos deixaron montar no seu camión.
Merendamos na cantina, e puidemos ver uns vídeos sobre o traballo que fan no 43 Grupo anti incendio e nos recomendaron, para entender ben esta labor, unha peli con pinta interesante (máis nunha terra como Galicia, que raro é que non arda verán tras verán).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)