6 jun 2016

Visita a Lavacolla (2º)

O pasado luns 6 de xuño visitamos por sorpresa o Aeródromo Militar de Lavacolla. Coa mochila lista montamos no bus e chegamos a un lugar que non todo o mundo pode ver, xa que non está a berto ao público.

Unha vez chegamos coñecimos a varios militares que alí traballan, e mesmo había chicas, como Lorena! E algunhas con pistola! Contáronnos que alí as mulleres traballan igual e teñen os mesmos deberes que os homes, e tamén os mesmos dereitos.


Puidemos ver unha avioneta, e entrar dentro e ver como, movendo os mandos, se movían os aleróns. Logo recibimos a visita dos bombeiros, que nos deixaron montar no seu camión.


Merendamos na cantina, e puidemos ver uns vídeos sobre o traballo que fan no 43 Grupo anti incendio e nos recomendaron, para entender ben esta labor, unha peli con pinta interesante (máis nunha terra como Galicia, que raro é que non arda verán tras verán).






No hay comentarios:

Publicar un comentario