5 may 2014

SEMANA DA LECTURA: SESIÓN DE ANIMACIÓN CON FABIEN

Fabien é o pai de Samuel (1º); eles naceron na República Centroafricana. Aproveitantdo estas datas Fabien fixo unha magnífica sesión de dinamización co alumnado de 1º ciclo, todo con temática africana: un conto, presentación de diapositivas sobre a vida e cultura nese país, danzas e... comida típica (buñuelos e banana fritida).
Todos aprendemos e gozamos moito durante hora e media e aínda poderiamos continuar outro tanto.
Grazas pola colaboración, a profesionalidade e o teu xeito de involucrarte na actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario