Lugares que nos gustan
27 nov 2014
O SOL E A NUBE
O martes foi o día elixido por Ainara para contar o conto aos seus compañeiros/as. Decidiu facelo coa axuda de Nahiara. Conseguiron un bo traballo que podedes ver no vídeo.
26 nov 2014
CONCERTOS DIDÁCTICOS: Real Filharmonía de Galicia
Os nenos e nenas de
1º e 2º asistimos hoxe o concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia onde
o músico Rodrigo Romaní colabora como narrador.
Asistimos a un
concerto ca particularidade de que as distintas pezas musicais foron
narradas en forma de conto, para o que escoitamos a versión de “Las zapatillas
rojas” que de este relato de Hans Christian Andersen fixo o escritor galego
Francisco Castro, e que conta a historia dunha nena que ten unhas zapatillas
máxicas e non pode parar de bailar. Rodrigo Romaní estivo acompañado pola filla
do escritor, Naia, e xuntos acercaron os nenos este relato, que serviu
para ilustrar as diferentes suites musicais.
24 nov 2014
Pagando e dando a volta (money, money!)
Os nenos e nenas de segundo estamos traballando coas moedas, aquí podedes xogar e practicar un pouquiño.
Ejercicios para practicar con monedas
Ejercicios para practicar con monedas 2
22 nov 2014
SUPER PEPO
"HISTORIA DUN PINCEL QUE NON SABÍA PINTAR".
20 nov 2014
Grandes Mestres da Pintura
13 nov 2014
11 nov 2014
7 nov 2014
O PROXECTO X (parte I)
Durante varios día o Departamento de I+D+I do 1º curso do CEIP de Vite está a desenvolver o Proxecto X. A idea xorde da promoción e difusión do Día da Ciencia en Galego, un día co que queremos demostrar que o galego suma, a ciencia suma e, canto máis sumemos máis obtemos.
O Proxecto X comeza coma un dos experimentos que temos programados e que compartiremos co resto dos cursos. Os outros son o experimento da vela no vaso e o do gato hidráulico por medio de vasos comunicantes.
O Proxecto X precisa dun par de botellas, cartón, cinta americana e pintura plástica. Tamén precisaremos un bombín de aire.
1.- Decoramos a botella coma un foguete, poñendo aletas e a metade doutra botella como morro.
1.1.- Pintamos entre todos, colaborando.
2.- Como non queremos que ninguén sufra danos, o teacher prepara un paracaídas para o foguete.
3.1- O Proxecto "x" minúsculo.
Non hai fotos, pero preparouse un mini-foguete para os ensaios (na segunda parte aportaremos probas visuais).
4.- Pensamos na mecánica, a ver se a entendemos:
a) A botella está pechada polo corcho (ten un burato para un tubo, pero o aire non dá saído ao exterior).
b) Introducimos aire a presión por medio do tubo co bombín.
c) Chega un momento que salta o corcho e o foguete sae proxectado cara arriba.
d) Preguntámonos por que.
Pode ser que porque o bombín sopla moi forte (coma se o fixeramos coa boca), pero probando vemos que o Proxecto "x" case non alcanza altura dese xeito. Hai que meterlle máis aire.
A resposta chega pensando, e moitos se dan conta de que se entra tanto aire, e logo non dá saído, por algún lado terá que acabar saíndo; ese sitio será a boca da botella que, apuntando en dirección ao chan, fará que o corcho salte e expulsará todo o aire sobrante de golpe facendo, de paso, que o foguete cumpla (coma ben mandadiño que é) coa 3ª Lei de Newton e vencendo á gravidade por uns segundos.
5.- Posta en práctica, para demostrar a teoría.
Neste caso as profes Carmela e Esperanza proveeron ao departamento de I+D+I dun inflador eléctrico que permitiu máis control no experimento. Debemos dicir que a proba con aire comprimido foi un éxito no interior da aula. Fixéronse logo máis probas na planta baixa do colexio, onde hai máis espazo vertical, que deron resultados moi positivos cun foguete máis pequeno construido para os ensaios.
Foi despois cando o departamento decidiu usar, aparte do aire comprimido, un combustible líquido para propulsar o foguete, o monóxido de dihidróxeno, para darlle máis reprís.
Recoñecendo que é un composto que pode carrexar certa peligrosidade, o manipulamos con coidado como verdadeiros enxeñeiros.
Continuará...
SERES MITOLÓXICOS
Aquí déixovos o video da nosa presentación dos Seres Mitolóxicos na Biblioteca Anxel Casal, aínda que estaban un pouquiño nerviosos fixérono fenomenal.
É unha pena que o son non sexa moi bo . Disfrutade dos vosos pequenos artistas!!!
5 nov 2014
A Casa do Avó
O luns día 3 de Novembro asistimos a Sgae para ver a obra A Casa do Avó, representada por Tanxarina Títeres.
Pasámolo fenomenal, aínda que nos mollamos un pouquiño........
4 nov 2014
NOSA - O AVÓ SEN CASA
Hoxe foi o turno de Nosa, que demostrou expresarse moi ben na lingua galega. Parabéns Nosa!
II MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL. BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
O xoves día 6 participaremos no II Maratón de tradición oral. Para elo, estivemos traballando e preparando a nosa exposición, que como xa saberedes é sobre os Seres Mitolóxicos. Aquí vos deixo unha mostra de todo o que preparamos e que neste momento está exposto na Biblioteca Ánxel Casal.
Esperemos que todo nos saia ben e que vos guste!! e si queredes compartilo con nos, podedes vernos en directo o día 6 ás 10:00 h.
Ra, Ra, Ra
Acabamos de chegar do teatro, de disfrutar dunha fermosa obra que nos contou, con dous presentadores moi graciosos e dúas ras moi valentes, que non todas as cousas que pensamos que asustan dan medo, e que case todo o que tememos non son se non sombras e malentendidos.
3 nov 2014
Somos compañeiros
Sempre que voltamos do recreo temos un pequeno momento adicado a unha das afección máis fermosas, entretidas e completas que podemos ter na vida: a lectura.
Moitas veces lemos para nós, de xeito individual, entrando en aventuras noutros mundos con intrepidez e ledicia, buscando secretos ocultos que só obtemos ao chegar ás últimas páxinas dun relato.
Outras veces lemos aos compañeiros, coma contacontos cun pequeno público ao que ilustrar cunha historia. E, nesas veces, axudamos aos compañeiros a entender esas historias e a compartilas con nós. A iso se lle chama "ir de aventuras xuntos".
O compañeiro Maryo léndolle (facéndolle vivir, máis ben) ao compañeiro Matías un conto |
Porque os de primeiro seremos moitas cousas; pero antes de todo, somos compañeiros. Compañeiros que comparten a lectura.
"Os libros son maxia portátil"
-Stephen King
1 nov 2014
Lichtensteiños!
Como dixemos anteriormente, o outro día tocounos ser Roy Lichtenstein por un día. Aprendimos que era un artista moi importante ao que lle gustaban os cómics e as imaxes impactantes, como a nós!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)