Hoxe, despois da Hora de Ler, trouxen á aula un xogo que teño na casa chamado Story Cubes.
Sinxelo e entretido, non ten máis |
É un xogo ben sinxelo: nove dados de seis caras, cada unha cunha imaxe distinta. A mecánica é tiralos, mirar os nove resultados e contar un conto integrando cada unha das imaxes na historia.
Equilicuá a tirada que obtivemos |
Atrevéronse a narrar unha historia David, Malik, Maxim, Maryo, Sergio, Jesús e Iago, e contaron sete contos moi divertidos, todos distintos e imaxinativos. Todos eles obtiveron o Logro +1 de Artista!
Se podemos repetilo, repetiremos... Pero lembrade que para xogar a este xogo non fan falla dados: podemos, na casa, dicir cada un algo distinto ("casa", "dragón", "xantar", "mar") e logo facer unha historia xuntando todas as cousas que dixemos... Xa sabedes!
IMAXINACIOOOOOOÓN!!!! |
Imaxinación non lles falta, iso é seguro. E de feito é unha actividade ca que disfrutan moitísimo!
ResponderEliminarAprender divertíndose! Iso si que mola! ;-)
Eliminarhola pablo, soy iago. la actividad del cuento me gusto mucho
ResponderEliminarMoi boas, señor! Así me gusta: comentando no blogue do cole! Acabas de gañar un Logro +1 en Explorador!
EliminarSi que andades animados pola aula de 1º! Moitas e variadas actividades.
ResponderEliminarVente con nós, Carmela! Temos gazafellos tamén para ti!
EliminarCalquera día. Grazas polo convite!
ResponderEliminar