29 abr 2019

SESIÓN DE MATDANCE

O pasado venres Mercedes Prieto veu ao colexio ensinarnos un proxecto innovador: o MatDance. Nesta sesión os alumnos e alumnas de 1º e 2º coñecemos as conexións entre a matemática e a danza tradicional.
Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!





















13 abr 2019

MULLERES QUE FIXERON HISTORIA

Como xa vos adiantamos, as alumnas e os alumnos da área de Valores Sociais e Cívicos de 1º e 2º, organizamos unha exposición que leva por nome "Mulleres que fixeron historia", nun dos corredores do centro.

Nela, amosamos un pequeno traballo de investigación sobre quince mulleres que marcaron a historia do mundo: Jane Goodall, Concepción Arenal, Malala Yousafzai, Clara Campoamor, María Teresa de Calcuta, Agatha Christie, Amelia Earhart, Gertrude Belle Elion, Maruja Mallo, Clare Hollingworth, Marie Curie, Rosalía de Castro, Valentina Tereshkova, Frida Kahlo e Marta Vieira Da Silva.

Animádevos a visitala e a coñecer a estas quince súper mulleres!





Aniversario de Carla e María


Esta semana tivemos doble celebración: os aniversarios de Carla e María, que cumpríron 8 anos.



¡Esperamos que desfrutárades moito do día!

Visita ao GADIS



  O pasado Xoves os nenos e nenas de 2º fomos de visita ó Gadis para participar no programa "Alimentes" que ten como obxectivo promover hábitos de consumo responsable.


Fomos visitando as distintas seccións do supermercado e aprendemos  novos datos para añadir os nosos coñecementos que xa tiñamos de traballar os alimentos na área de Ciencias da Natureza.






Durante a visita aprendemos que cunha alimentación saudable previmos moitas enfermidades e que aumentamos a nosa calidade de vida; que a actividade e o exercicio físico nos axudan a manternos fortes, flexibles e  resistentes de por vida; que debemos ter un consumo responsable e que non debemos desperdiciar os alimentos.

E por último recibimos un agasallo: unha bolsa de tela con froita, auga e leite. ¡Aprendemos moito!