Como xa vos adiantamos, as alumnas e os alumnos da área de Valores Sociais e Cívicos de 1º e 2º, organizamos unha exposición que leva por nome "Mulleres que fixeron historia", nun dos corredores do centro.
Nela, amosamos un pequeno traballo de investigación sobre quince mulleres que marcaron a historia do mundo: Jane Goodall, Concepción Arenal, Malala Yousafzai, Clara Campoamor, María Teresa de Calcuta, Agatha Christie, Amelia Earhart, Gertrude Belle Elion, Maruja Mallo, Clare Hollingworth, Marie Curie, Rosalía de Castro, Valentina Tereshkova, Frida Kahlo e Marta Vieira Da Silva.
Animádevos a visitala e a coñecer a estas quince súper mulleres!
No hay comentarios:
Publicar un comentario