13 abr 2019

Visita ao GADIS



  O pasado Xoves os nenos e nenas de 2º fomos de visita ó Gadis para participar no programa "Alimentes" que ten como obxectivo promover hábitos de consumo responsable.


Fomos visitando as distintas seccións do supermercado e aprendemos  novos datos para añadir os nosos coñecementos que xa tiñamos de traballar os alimentos na área de Ciencias da Natureza.






Durante a visita aprendemos que cunha alimentación saudable previmos moitas enfermidades e que aumentamos a nosa calidade de vida; que a actividade e o exercicio físico nos axudan a manternos fortes, flexibles e  resistentes de por vida; que debemos ter un consumo responsable e que non debemos desperdiciar os alimentos.

E por último recibimos un agasallo: unha bolsa de tela con froita, auga e leite. ¡Aprendemos moito!


No hay comentarios:

Publicar un comentario