Na última semana, celebrouse no colexio a Semana das Letras Galegas.
Este ano, o homenaxeado é Antón Fraguas, un gran defensor de Galicia e da lingua e cultura galegas.
Fraguas definía a Galicia como unha terra de lendas, ditos e costumes relacionadas co pasado. Por iso, dende o centro, decidimos elaborar un dossier no que recopilamos distintas lendas.
A continuación, deixámosvos as realizadas polo alumnado de 1º e 2º.
Onte no colexio estivemos de celebración. Tiveron lugar as miniolimpíadas!!
Foron organizadas pola AMPA e participamos en distintas disciplinas como saltos, carreiras curtas ou lanzamentos.
Ademais de facer deporte pasámolo xenial e ata levamos medallas!!
O pasado martes, o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria asistimos ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) para desfrutar dun espectáculo de cine mudo de principios do século XX, acompañado da banda sonora orixinal en directo.
O pasado 2 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar.
En primeiro lugar, visionamos na aula a película "Wonder". Nela vimos como August, un neno de 10 anos cunha deformidade facial, que sempre foi educado na casa, comeza por fin a ir á escola. O comezo non é doado, pero finalmente o protagonista consigue adaptarse.
Unha das frases que máis nos gustou da película é a seguinte: "Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naceches para destacar". Partindo dela, coa axuda dunha aplicación, decidimos sacar unha fotografía que nos permitise poñernos no lugar de August. A continuación, mediante unha asamblea, fomos identificando en qué destaca cada neno/a, para completar a cartolina na que pegamos a fotografía de cada un/unha.
Por último, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa contra calquera tipo de acoso escolar ou ciberbullying.
Durante este curso os alumnos e alumnas de 1º lemos “El
turbante rojo” e os de 2º “La lista de cumpleaños”. Estes dous libros
fixéronnos reflexionar sobre temas como as clases sociais ou a insatisfacción
que a veces temos aínda recibindo moitos agasallos.
Con motivo da semana do libro cada curso elaborou un mural
coa frase que máis lle gustou do mesmo e unha reflexión.
Ademáis fixemos un apadriñamento lector cos nenos e nenas de
6º que nos leron distintos contos. Queremos darlles as grazas xa que foi moi
divertido compartir estas lecturas con eles/as.
A continuación amosámosvos o traballo de Ciencias da Natureza realizado polos alumnos/as de 1º sobre os seres vivos: varios murais de clasificación dos seres vivos, o xogo "Quen é quen?: animais", unha investigación sobre un animal e unha planta para despois facer unha exposición ao resto de compañeiros/as, un dossier para recopilar os traballos anteriores, e repoboar os xardíns verticais do patio.
Agardamos que desfrutedes vendo o seguinte vídeo-resumo, tanto coma nós traballando sobre o tema!