9 may 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado 2 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º celebramos o Día Internacional Contra o Acoso Escolar.

En primeiro lugar, visionamos na aula a película "Wonder". Nela vimos como August, un neno de 10 anos cunha deformidade facial, que sempre foi educado na casa, comeza por fin a ir á escola. O comezo non é doado, pero finalmente o protagonista consigue adaptarse. 

Unha das frases que máis nos gustou da película é a seguinte: "Se te miran, deixa que te miren. Non podes pasar desapercibido. Naceches para destacar". Partindo dela, coa axuda dunha aplicación, decidimos sacar unha fotografía que nos permitise poñernos no lugar de August. A continuación, mediante unha asamblea, fomos identificando en qué destaca cada neno/a, para completar a cartolina na que pegamos a fotografía de cada un/unha.
Por último, o alumnado de 1º e 2º de educación primaria do CEIP de Vite I queremos amosar a nosa repulsa contra calquera tipo de acoso escolar ou ciberbullying.




 



No hay comentarios:

Publicar un comentario