O pasado xoves asistimos a unha sesión de contacontos organizada polo Concello de Santiago e Kalandraka, e contáronnos uns contos ben fermosos. O primeiro deles ía sobre unhas aves que querían ser como as persoas, o segundo sobre un neno que encontraba personaxes doutros contos no bosque, e o último sobre unha galiña moi traballadora que tiña uns amigos moi lacazáns.
Se queredes, pais e nenos podedes repetir a experiencia o próximo sábado 25 de maio.
Máis enfomación premendo aquí.
Son María a nai de Manuel de 1º E.P. Gustoulles moito esta actividade aínda que o conto "No bosque" daba moito medo.
ResponderEliminar