28 may 2013

Unha mirada ao Xurásico

Hai xa uns días Chano, Xoel e os seus pais fixeron unha excursión moi interesante. Foron nada máis e nada menos que a unha exposición de dinosaurios en Llanes (Asturias).

Trátase de dezaseis reproduccións de dinosaurios de gran tamaño que se poderá visitar ata o 3 de novembro de 2013. Máis información premendo aquí.

Ademais, se queredes completar a visita, en Colunga (a media hora de Llanes) podedes visitar o MUJA (Museo do Jurásico) que tamén ten reproduccións de dinosaurios no exterior, e no interior fósiles e esqueletos de dinosaurios.






No hay comentarios:

Publicar un comentario