Lugares que nos gustan
12 nov 2013
ACTUACIÓNS DE 2º NA I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL - BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
O venres celebrouse na biblioteca Ánxel Casal a I MARATÓN DE TRADICIÓN ORAL. Este é o vídeo da presentación de refráns de outono que fixeron os nenos e nenas de 2º.
11 nov 2013
PRACTICAMOS CO PEÓN
Estes días andamos a voltas co peón; non hai máis que mirarlles á cara para percibir a súa emoción cando o peón comeza a bailar.
7 nov 2013
XOGANDO AO PEÓN NO RECREO
Que entusiasmo teñen co seu peón. Aínda están empezando e algúns xa o fan realmente ben; outros insisten e van progresando.
Unha ledicia velos!
Unha ledicia velos!
6 nov 2013
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O alumnado de 2º EP, acompañados polas profes Chus e Carmela, puidemos disfrutar onte dunha representación de teatro moi especial.
No SGAE estanse a presentar as últimas montaxes teatrais galegas dentro do programa MOSTRA GALEGA DE ARTES ESCÉNICAS.
Nós presenciamos a representación de "O soldadiño de chumbo", a cargo da compañía BAOBAB. Entre o público había programadores de teatro de diferentes puntos de Galicia. Nós eramos o único público infantil así que os actores e actriz da compañía foron moi amables con nós e fixemos unhas fotos ao final, cheos de ledicia despois de rirnos e berrar cos acontecementos vividos.
30 jun 2013
Parque zoolóxico de Marcelle
Unha vez pasado o apuro de fin de curso, aquí tedes algunhas fotos de Marcelle.
FELICES VACACIÓNS A TODOS!
11 jun 2013
XOGOS MUSICAIS NA CLASE DE ED. FÍSICA
"A mal tempo boa cara", así di o refrán. Hoxe decidimos alegrarnos poñendo un pouco de música e disfrutamos cos xogos musicais que tanto lles gustan. Na gravación só aparecen os de 2º porque durante a sesión de clase de 1º non tiña a cámara para poder gravar, pero teño que dicir que tamén o fixeron moi, pero que moi ben.
6 jun 2013
ALÉN GAÑOU UN CONCURSO DE POESÍA
Alén participou nun concurso de poesía, está moi contento porque é a primeira vez que gaña pero seguro que non será a última porque parece que tén moitas cualidades para isto da rima.
O poema titúlase O MEU AMIGO ANTÓN e, claro, cando se enterou Antón tamén se puxo moi contento porque é moi emocionante que alguén che adique un poema, non?
Parabéns para Alén e para os seus pais, que estarán orgullosísimos do seu pequeno poeta, que semella ser herdeiro da arte familiar!
O poema titúlase O MEU AMIGO ANTÓN e, claro, cando se enterou Antón tamén se puxo moi contento porque é moi emocionante que alguén che adique un poema, non?
Parabéns para Alén e para os seus pais, que estarán orgullosísimos do seu pequeno poeta, que semella ser herdeiro da arte familiar!
28 may 2013
Unha mirada ao Xurásico
Hai xa uns días Chano, Xoel e os seus pais fixeron unha excursión moi interesante. Foron nada máis e nada menos que a unha exposición de dinosaurios en Llanes (Asturias).
Trátase de dezaseis reproduccións de dinosaurios de gran tamaño que se poderá visitar ata o 3 de novembro de 2013. Máis información premendo aquí.
Ademais, se queredes completar a visita, en Colunga (a media hora de Llanes) podedes visitar o MUJA (Museo do Jurásico) que tamén ten reproduccións de dinosaurios no exterior, e no interior fósiles e esqueletos de dinosaurios.
20 may 2013
UNHA BANDADA DE CONTOS: XIII CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA
O pasado xoves asistimos a unha sesión de contacontos organizada polo Concello de Santiago e Kalandraka, e contáronnos uns contos ben fermosos. O primeiro deles ía sobre unhas aves que querían ser como as persoas, o segundo sobre un neno que encontraba personaxes doutros contos no bosque, e o último sobre unha galiña moi traballadora que tiña uns amigos moi lacazáns.
Se queredes, pais e nenos podedes repetir a experiencia o próximo sábado 25 de maio.
Máis enfomación premendo aquí.
23 abr 2013
CONTO ENCADEADO: O ACRÓBATA SORRISEIRO
Hoxe conmemoramos o Día do Libro e, para celebralo, elaboramos un conto encadeado entre todos os nenos e nenas de 1º e 2º; titúlase "O ACRÓBATA SORRISEIRO" e lérono no salón de actos Iria, Idalina, Manuel e Amal. Houbo moitos aplausos cando remataron.
22 abr 2013
Visita de Noemí López
A pasada semana visitounos Noemí López, a ilustradora do conto "As porcas porquiñas".
E ensinounos moitas cousas e debuxamos unha brancaneves un pouco alternativa, caras con distintas expresións... Averdade e que o pasamos realmente ben.
22 mar 2013
OBRADOIRO DE COCIÑA - 1º
Hoxe tivemos unha marabillosa experiencia elaborando todos xuntos unhas mini-hamburguesas: preparamos os ingredientes, machucamos no morteiro (allo, sal, perexil e pementa blanca), ollamos miga de pan en leite sen lactosa, escorrémolo ben e botamos todo xunto coa carne e dous ovos nunha cunca. Amasamos e un tempiño máis tarde fixemos as hamburguesas, fritímolas na plancha e ... A COMER!
PRIMEIRA EXPERIENCIA NA COCIÑA
Hoxe preparamos unhas ricas trufas de chocolate, necesitamos chocolate para derretir, leite, galleta e chocolate en po. Derretimos o chocolate no microondas, mezclamos con leite e galleta e vamos formando bolas.Por último espolvoreamos con chocolate en po, e listos para disfrutar comendo todos xuntos. Mmm que rico!
Hoxe preparamos unhas ricas trufas de chocolate, necesitamos chocolate para derretir, leite, galleta e chocolate en po. Derretimos o chocolate no microondas, mezclamos con leite e galleta e vamos formando bolas.Por último espolvoreamos con chocolate en po, e listos para disfrutar comendo todos xuntos. Mmm que rico!
17 mar 2013
Visitamos o parque da Alameda
Acompañados de Cristina, a profe de Audición e Linguaxe visitamos o parque da Alameda. Tivemos moita sorte, xa que os días anteriores estivo chovendo (incluso nevando) e o venres fixo un día soleado e ata caluroso.
A visita ao parque deu moito de si, collemos pequeñas piñas, flores, bebemos nas fontes, examinamos os estanques, vimos o pombal...
28 feb 2013
Viaxamos a Oriente próximo
Onte tivemos unha visita, e pasámolo realmente ben. E non só iso, tamén aprendemos moitísimas cousas sobre Oriente próximo. Ensináronnos imaxes e faláronnos das costumes da xente dalgúns países como Líbano e Palestina. Aprendemos o que é unha mezquita e vismos alfombras preciosas.
Tamén nos trasladaron en vivo e en directo a un mercado de Palestina. Que como o fixeron? Pois sopráron unhas poucas especias típicas por enriba de nos e foi como se viaxáramos diretamente a esos preciosos mercados.
Ah! e tamén tocamos area do mismísimo deserto! era taaaaaaaan fina...
E para rematar, contáronnos un conto e regaláronnos un libro, que máis se pode pedir?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)